CASELAS (59): Toni 4, Hedber 6, Lucas 8, Manu 6, Rober 3. QUINTETO. Carlos Vicente 6, Jito 9, Santi 17. |
Parciais: 16-12 / 18-10 / 8-13 / 17-12. |
Incidencias: Escaso público, con preto de tres decenas de afecionados na tarde de domingo do Día do Pai. |
Completo partido e merecida victoria dun CB.Caselas con oito xogadores dispoñibles, logo das baixas de Iago, Sergio, Charli e Xur (estos dous últimos nos deixaban practicamente sen bases). Logo dun mal inicio, con 0-9 nos primeiros minutos, os de Adrián Salgado cambiaron a actitude e chegaron as primeiras ventaxas: 16-12 no primeiro cuarto e 34-22 ao descanso. Os de Salceda traballaban ben atrás e estaban acertados no lanzamento triple. No terceiro cuarto, o veterano Rodaballo estivo máis centrado e recortou perigosamente a diferenza. No tramo final, cando os vigueses máis apretaban, o Caselas xogou con cabeza, sen egoismos e cun equipo moi unido. E o público recoñeceuno cunha ovación final. CATEGORÍAS BASE: |