O capitán Rubén Rodríguez nunha entrada a canasta o sábado.
C.B.CASELAS (61): |
Parciais: 12-10 / 12-6 / 14-5 / 23-10. |
Incidencias: Moi boa entrada no Pavillón de Salceda. Arredor de 100 espectadores apoiando constantemente ao Caselas. |
O C.B.Caselas deu un paso de xigante no camiño do ascenso ao vencer ao Compañía María de Santiago, que só opuso resistencia no primeiro cuarto. A partir de ahí, os de Salceda, apoiados polo numeroso público, marcaron as diferenzas existentes entre ambos. |
CATEGORÍAS BASE
O Infantil Feminino debutou con victoria na primeira xornada autonómica polos postos 21 a 28 ao vencer ao Academia Celta de Vigo por 69-50 (23-25 a descanso). As rapazas xogaron unha excelente segunda metade. Destacar a recuperación, logo dunha latosa lesión, de Laura, máxima anotadora con 20 puntos.
No outro partido deste grupo, Extrugasa Río Ulla de Pontecesures venceu a Blanco Amor "B" de Ourense por 52-22.
O Infantil Masculino recibía aos lalinenses do Basket Deza na primeira xornada autonómica polos postos 49 a 56. Logo dunha mala primeira metade (16-32), a reacción final non foi suficiente e perderon por 38-59.