C.B.CASELAS (50): Javi (13), Pedro (5), Rubén Alonso (6), Rober (0), Carlos (0). QUINTETO. Pablo (5), David (0), Yanko (17), Rubén Rdguez (3), Jacobo (1). C.B.TUI "B" (50): González (0), J.M.Pérez (7), D.Huerga (9), A.Aldea (6), Víctor Carrera (7). QUINTETO. M.Pérez (2), F.Martínez (0), D.Paz (6), S.Gómez (0), C.Vicente (0), A.Durán (9), D.Piñeiro (4). |
Parciais: 15-14 / 14-18 / 12-11 / 9-7. |
Incidencias: Máis dun centenar de persoas no Pavillón Municipal de Salceda. Ao final do encontro, o entrenador do Caselas Carlos Kustrin recibiu un recordo polo seu cumpreanos no medio dos cánticos do público. |

O Caselas deu unha imaxe moi diferente que en Tui, pero principalmente o pouco acerto cara o aro foi un lastre para, canto menos, gañar o partido.
O derbi foi igualado e emocionante, non tanto polo xogo, se non pola igualdade e loita. En efecto, os nosos fixeron un gran desgaste defensivo durante os 40 minutos que permitía amortizar as pequenas ventaxas visitantes. Chegouse ao descanso con 29-32.
Na segunda metade continuou a mesma tónica. Nos minutos finais os de Salceda xogaron con máis corazón que cabeza e o Tui aproveitouse para pasar dun 50-47 ao empate a 50, con canasta decisiva do ex-xogador do Caselas Víctor.
A pesar da eliminación da fase de ascenso, o equipo intentouno ata o final, indo a máis e unha actitude irreprochable de tódolos membros. Lástima o primeiro tempo de Tui onde se enterraron parte das opcións.
Nos vindeiros días comunicaremos os partidos da loita polos postos 5º a 8º onde estará o Caselas.
CATEGORÍAS BASE
Derrrota do
Infantil Feminino de Carlos no partido estrela entre os dous primeiros clasificados que se xogaban practicamente o título ligueiro. Resultado final de Zeltia Caixanova 46 Caselas 36.
Os dous equipos "máis pequechos" do clube nos deron dúas alegrías a domicilio:
o Benxamín Mixto de Natalia gañou en Vigo ao Colexio Mariano feminino por 9-48. O
Alevín Mixto "B" de Manolo venceu en Coruxo ao Divino Salvador "B" por 29-39.