S?bado, 22 de agosto de 2009

A temporada 2009-2010 chama ás portas. Dende a directiva do C.B.Caselas -que se reunirá principios de semana- xa estamos perfilando distintos aspectos, dos que informaremos puntualmente nos vindeiros días.

PREVISIÓN DE EQUIPOS
Está previsto, se non hai novidade, sacar 5 equipos nas ligas federadas da Delegación Viguesa de Baloncesto:
- SENIOR MASCULINO
- INFANTIL FEMININO
- ALEVÍN FEMININO
- ALEVÍN MIXTO (OU MASCULINO)
- BENXAMÍN MIXTO

INICIO DE ENTRENAMENTOS
Podemos adiantar que o Senior Masculino -que xogará en 2ª División Zonal- comeza os entrenamentos o Luns 31 de Agosto ás 21:30 horas no Pavillón de Deportes de Salceda. Os días seguen a ser o Luns e Xoves de 21:30 a 23:00 horas. O entrenador será José Luis Pérez, que cumple a súa séptima campaña ao mando do primeiro equipo.
En canto ás categorías base, comezarán a inicios de setembro. Informaremos dos horarios nestes días.


Publicado por cbcaselas @ 23:38