Mi?rcoles, 08 de julio de 2009

Xa o comprobades nada máis entrar. Dende hoxe mércores 8 de xullo a web de información do baloncesto en Salceda ten un lavado de cara. A estructura e os contidos seguen a ser os mesmos, a excepción de que abrimos unha nova sección no "Menú Principal" que se chama "Torneos e Actos". Ahí irán as reportaxes de tódolos acontecementos e torneos onde participemos, que son bastantes.
Tamén sinalar que podedes voltar a páxina de inicio da web, picando sempre no título "WEB OFICIAL DO CLUB BALONCESTO CASELAS".
Esperemos que vos guste e sigades visitándonos como o estades facendo.


Publicado por cbcaselas @ 12:51