Mi?rcoles, 08 de julio de 2009

A nosa xogadora Andrea Vaqueiro (nacida en 1998) foi preseleccionada polo combinado galego alevín que se concentrará en Pontevedra do 20 ao 24 do presente mes de xullo. Esta convocatoria supón a culminación do bó traballo do equipo Alevín do C.B.Caselas EDM. en xeral, e de Andrea en particular, que xa tivo unha destacada actuación no recente campionato galego de seleccións zonais. Noraboa!!!
Na foto do recente torneo de Monçao, Andrea é a terceira.


Publicado por cbcaselas @ 0:03