Mi?rcoles, 22 de abril de 2009

En Senior Zonal División B o Canteiras Porriño proclamouse campión o derrotar na final ao Rodaballo de Vigo pola mínima: 61-60. Ambos equipos ascenden a División A, ocupando os postos de Caselas e S.José La Guía, que descenden.
No 3º e 4º posto disputado entre dous equipos de Vigo, o Electroships Galicia venceu ao C.B.O. por 56-54.

Por outro lado, a xogadora de Salceda formada nas nosas categorías inferiores Laura Cabaleiro ven de proclamarse campiona galega Junior co seu equipo actual, o Celta Caixanova na final xogada en Santiago. O Celta, tras desfacerse de Cortegada Vilagarcía e Andersen Vigo, venceu tamén na final ao Calasancias Coruña por 55-43. Laura foi a xogadora máis valorada da final e fixo un bó campionato, que ten moito merito porque ven dunha dura lesión que a tivo apartada parte desta tempada. Agora xogará o sector norte en Santander a principios de maio, clasificatorio para a fase final do Campionato de España.  Desexámoslle o mellor no futuro!!


Publicado por cbcaselas @ 22:57