Mi?rcoles, 01 de abril de 2009

Unha victoria e dúas derrotas foi o balance do fin de semana para os equipos base do C.B.Caselas EDM.
O Benxamín Mixto caeu en Salceda perante un Seis do Nadal superior por 17-60.
O Alevín Mixto, composto na súa maioría por rapazas de primeiro ano, perdeu co en Vigo co S.José de La Guía por 56-36.
A alegría veu dada polas rapazas do Infantil Feminino, que nun entretido encontro derrotaron ao Maristas Celta por 59-43 (29-21 ao descanso), con boa aportación de todas as xogadoras, que se repartiron así os puntos: Nerea (2), Laura F.(11), Tamara (22), Cynthia (4), Laura Gu.(4), Yoli (4), Eva (0) e Carla (12).


SENIOR MASCULINO DIVISIÓN A: KEN SHOP, CAMPIÓN DE LIGA

O Ken Shop de Vigo proclamouse campión de liga logo de vencer na final disputada en Porriño ao Arcade por 82-84, nun partido moi aberto que poido caer de calquera lado. No 3º e 4º posto Baiona venceu a Oh!Vigo por 77-70 logo dunha prórroga.
No partido de Ida do play off de permenencia, S.José La Guía perdeu con Airexa Nigrán por 51-56.
Por outro lado, o Rodaballo de Vigo e o Canteiras Porriño son merecidamente novos equipos de División A, logo de derrotar en semifinais a Electroships e a CBO -ambos de Vigo- na Ida e na Volta.


Publicado por cbcaselas @ 0:27