Mi?rcoles, 25 de febrero de 2009

O equipo senior do C.B.Caselas fichou a David Gallardo, un base de 18 anos e 1,91 m que xogou na tempada pasada no Compañía de María de Vigo na Liga Galega junior. Leva unha semana entrenando en Salceda e pola súa altura pode incluso axudar noutras posicións. Dende a directiva agradecemos a confianza e dispoñibilidade do xogador cara o noso proxecto.
Por outro lado, anunciar as baixas de Mateo Pereiro e Aitor Martínez, que decidiron eles mesmos non continuar por non poder asistir aos entrenos debido a motivos académicos. A decisión foi respetada e aceptada polo clube, que agradece a súa seriedade e entrega nesta etapa na que estiveron con nós.


Publicado por cbcaselas @ 12:34