Mi?rcoles, 18 de febrero de 2009
A Delegación en Vigo xa coñece as datas para o seu curso de Iniciación da Escola Galega de Adestradores.

Estas datas sinaladas son o 22 de febreiro, e os días 1, 8 e 15 de marzo. Así mesmo, a sede do curso será o pavillón municipal de Porriño que acollerá as clases en horario de 9:30 a 20:00 h. 


Información Básica
Este curso ten carácter FEDERATIVO, se ben se levarán a cabo os trámites pertinentes para obter a súa aprobación administrativa e que sexa revalidado como parte do Curso Inicial de Grado Medio.

Para a superación deste curso é IMPRESCINDIBLE a presenza física do alumno, superar as diferentes probas de cualificación que se realicen en cada materia, así como presentar satisfactoriamente os traballos que se soliciten por parte do profesorado.


OS INTERESADOS PODEN ANOTARSE ATA VENRES 20 DE FEBREIRO NA DELEGACIÓN VIGUESA DE BALONCESTO (Tfno.986.228362).


Publicado por cbcaselas @ 9:46