Mi?rcoles, 04 de febrero de 2009

Finalmente non se recuperará o 19 de marzo como se comunicara nun principio nesta web.
A Delegación Viguesa de Baloncesto dictou unhas bases para recuperar esa xornada aprazada polo temporal e que son as seguintes no que afecta aos nosos cinco esquipos:

SENIOR MASCULINO DIVISION A
Retrásase unha xornada sobre o calendario establecido, xogándose polo tanto a xornada 13 do 01/02/09 no fin de semana seguinte (08/01/09), e así sucesivamente, finalizando o 15/03/09. Elo implica que as semifinais xogaranse o 19 de marzo e o fin de semana do 22 de marzo. En caso de que o equipo locatario (4º-1º, 3º-2º) non puidera por falta de pista xogar a ida o 19 de marzo, ida e volta da mesma xogaríanse 21-22 de marzo respectivamente.
Os encontros polo descenso(10º-7º, 9º-8º) xogaránse os fins de semana do 22 e 29 de marzo.

INFANTIL MASCULINO DIV-B
Retrásase unha xornada sobre o calendario establecido, xogándose polo tanto a xornada 2 do 01/02/09 no fin de semana seguinte (08/01/09) e asi sucesivamente, mantendo a data do 22/02/09 sen xornada, co cal finalizará esta fase o 26/04/09.
As semifinais disputaránse  a ida o 09/05 e a volta o 10/05. Se os equipos participantes poñense de acordo poderán adiantar o partido de ida o anterior fin de semana ou xogar entre semana.


INFANTIL FEMININA DIV-B
Retrásase unha xornada sobre o calendario establecido, xogándose polo tanto a xornada 2 do 01/02/09 no fin de semana seguinte (08/02/09) e asi sucesivamente, mantendo a data do 22/02/09 sen xornada. A xornada 10 con data de xogo o fin de semana do 19/04/09 xogarase o día 25/04/09 e a xornada 11 o día 26/04/09, establecéndose dobre xornada neste fin de semana para poder manter o calendario vigente a continuación.

ALEVIN MIXTO
Esta é a única categoría no que o calendario continúa exactamente igual. Os encontros aplazados ou suspendidos pola chuvia recuperaranse o antes posible.

BENXAMIN MIXTO
Retrásase unha xornada sobre o calendario establecido
, xogándose polo tanto a xornada 8 do 01/02/09 no fin de semana seguinte (08/02/09). A xornada 9 prevista para o fin de semana do 08/02/09, no fin de semana seguínte (15/02/09), deixando libre o fin de semana previsto do 22/02/09, e xogandose o día 28/02/09 a xornada 10 e o día 01/03/09 a xornada 11, polo cal o resto do calendario mantense nas datas previstas.


É IMPORTANTE QUE TÓDOLOS PAIS/NAIS/XOGADORES-AS  ESTEADES ENTERADOS DESTES CAMBIOS.


Publicado por cbcaselas @ 23:04