Domingo, 28 de diciembre de 2008

OS INFANTILES MASCULINOS E FEMININOS REMATAN O TORNEO APERTURA.
Coindidindo coas vacacións de nadal, os equipos do C.B.Caselas EDM Infantil Masculino e Feminino remataron o chamado Torneo de Apertura na División B.
Os rapaces de Carlos acadaron a séptima posición con 2 victorias e 7 derrotas. As rapazas de Manolo quedaron quintas con 4 victorias e 4 derrotas.
Agora xogarán a chamada Copa F.G.B. (Federación Galega Baloncesto), unha competición que comezará presumiblemente o 25 de xaneiro do novo ano, segundo as bases de competición da Federación.

LOTERÍA DE NADAL.
A lotería de Nadal xogada polo clube non deixou ningún premio. Teremos que agardar outro ano.
O número premiado na cesta de nadal sorteada foron as tres últimas cifras do gordo: o 365.
A cesta está exposta en Sanfer Expert de Salceda.

O XOGADOR YANKO É PAI.
NORABOA ao noso xogador senior Yanko e a súa parella Ana, que foron recentemente pais de dous mellizos: rapaz e rapaza (Leo e Yoanka). Os pequenos están en bo estado de saude e voltaran a casa en breve. Que sexades felices!!!
Yanko continúa a recuperación da súa lesión moi favorablemente e xa fai pequenos exercicios de pista pola súa conta.


Publicado por cbcaselas @ 15:58