Mi?rcoles, 15 de octubre de 2008

Moitas caras novas neste C.B.Caselas 08-09. Ilusión a raudales nunha plantilla moi renovada e rexuvenecida, con ata 6 xogadores que non chegan aos 20 anos, complementados por veteranos e comandados por un entrenador con experiencia como Jose Luis Pérez, que cumple a súa sexta tempada en Salceda.
Hai 5 novidades: Mili González, un aleiro de Salceda que estaba sen equipo e que será o máis veterano con 31 anos, e catro xogadores de 18 anos procedentes dos junior do Porriño, como son Javier Alonso, ala pivot tamén de Salceda, Igor Sío, escolta, Aitor Martínez, aleiro, e Mateo Pereiro, base.
Xunto a eles, 6 xogadores que continúan, como son o base Rubén Rodríguez, os aleiros Juan Fontán e Iago Suárez, o ala pivot Yanko González (aínda recuperándose da operación) e os pivots Víctor Carrera e Toni Rodríguez.
O equipo tivo unha pretemporada bastante accidentada, con cinco lesionados que mermaron os entrenamentos. Isto nos levou a decisión de non xogar nengún amigable. A día de hoxe tan só é dúbida para o debut Javi, con lesión de xemelgo.
Destacar que varios xogadores que non terán ficha están a reforzar os adestramentos, completando un grupo grande que permita aproveitar mellor as sesións. 


Publicado por cbcaselas @ 22:24