S?bado, 11 de octubre de 2008

Xa coñecemos os calendarios para o Senior Masculino, Infantil Feminino e Masculino, que empezan todos o vindeiro 18 de outubro.
O Senior xogará na casa do Oh!Vigo. Na 2ª xornada nos visita o ascendido San José La Guía, e na 3ª visitaremos a cancha do actual campión de liga, o Arcade.
O Infantil Masculino xoga na casa do Colexio Apóstol, en Vigo. Na 2ª xornada recibe ao Andersen, e na 3ª visita ao Salesianos de Vigo.
O Infantil Feminino debuta en Salceda co Calasancias de Vigo. Na 2ª xornada visita ao Seis Nadal "B", e na 3ª recibe ao Airexa Nigrán "B".

Os calendarios completos pódense consultar no Menú Principal da nosa web: COMPETICIÓNS>>COMPETICIÓNS DOS NOSOS EQUIPOS e alí seleccionar a categoría correspondente. Nos próximos días daremos unha copia do calendario a cada xogador/-a.

REUNIÓNS COS XOGADORES E PAIS NO PAVILLÓN DE DEPORTES

  • Xogadores Senior Masc:  LUNS 13 OUTUBRO AS 21:15 HORAS.
  • Pais Infantil Masc. e Fem:  LUNS 13 OUTUBRO AS 19:45 HORAS.


Publicado por cbcaselas @ 15:04