O pasado xoves 2 na Delegación Viguesa de Baloncesto tivo lugar a reunión para poñer en marcha estas dúas categorías, que comezarán o 18 de outubro.
Este ano houbo cambios importantes. De outubro a nadal xogarase nunha liga o chamado Torneo Apertura, clasificatorio para xogar a Liga Galega. De xaneiro a maio, xogarase a Copa F.G.B.
Dentro do TORNEO DE APERTURA, acordouse facer dúas divisións: División A, onde estarán en teoría os aspirantes a Liga Galega, e División B, onde estarán o resto de equipos.
Os equipos do C.B.Caselas/E.D.M.Salceda Infantil Masculino (dirixido por Carlos Rodríguez) e Feminino (dirixido por Manolo González), xogarán na División B.
O calendario non está dispoñible. En breve citaremos aos pais dos xogadores para a reunión.
Equipos Infantil Masc. "División B":
Equipos Infantil Fem. "División B":
C.B.Caselas/E.D.M.
C.B.Caselas/E.D.M.
Colexio Mariano
Colexio Mariano
Los Sauces
Los Sauces
Seis do Nadal C
Seis do Nadal B
El Castro San Miguel
Compañía de María B
C.B.Baiona
Las Acacias
Colexio Andersen
Calasancias
Salesianos
Airexa Nigrán B
Divino Salvador
R.C.Celta Maristas
Embrujo Céltico