S?bado, 27 de septiembre de 2008

Aquí tendes unha exposición breve das novas regras do baloncesto que entrarán en vigor esta temporada 08-09. Quedarán colgadas na sección "tablón de anuncios".


UNIFORMES

NON ESTÁ PERMITIDO

EMPREGAR CAMISETAS POR 

DEBAIXO DA DE XOGO

 

Non se poderá ver ningunha camiseta por

debaixo da de xogo, nin con certificado médico, nin sendo da mesma cor.

 

TODOS OS XOGADORES/AS

DEBEN LEVAR A CAMISOLA DE XOGO POR 

DENTRO DO PANTALÓN

 

 

LESIÓNS

  

UN EQUIPO QUE DISPOÑA DE 5 OU MENOS

XOGADORES:

 

 Si se lesiona algún xogador debemos agardar un

tempo prudencial a que se recupere e, aínda que

reciba asistencia, poderá incorporarse ao xogo sen ter

que agardar á seguinte situación de substitución. 

 

  

 

AVANCE ILEGAL 

 

 UN XOGADOR PODERÁ ESVARAR POLO CHAN CO CONTROL DO BALÓN OU ACADAR

O CONTROL DO MESMO AO LANZARSE E DESLIZARSE POLO CHAN, XA NON SERÁ

VIOLACIÓN.

 

É preciso aclarar que un xogador pode caer ao chan co control do balón, isto non son pasos. Do mesmo xeito, poderá

deslizarse. 

 

O que non pode facer é rodar, nin xirarse polo chan protexendo o balón, nin tampouco levantarse co balón agarrado 

( pode facelo botando).

 



8 SEGUNDOS

 

UN EQUIPO CON CONTROL DE BALÓN DISPÓN

DE 8 SEGUNDOS PARA FACELO, CHEGAR Á PISTA DE ATAQUE

Se o xogador que leva o balón vai regateando (botando) considérase que está na pista dianteira cando pasa os seus

dous pés e o balón á cancha de ataque.

 

 

  CAMPO ATRÁS

 

- UN EQUIPO CON CONTROL DE BALÓN E QUE É O DERRADEIRO EN TOCAR O BALÓN EN CAMPO DE

ATAQUE E O PRIMEIRO EN TOCALO EN PISTA DE DEFENSA COMETE CAMPO ATRÁS.

- NON SE APLICA CANDO ACADA UN NOVO CONTROL DO BALÓN NO AIRE E CAE NO CAMPO DE

DEFENSA.

- A UN XOGADOR QUE VAI REGATEANDO (BOTANDO) NON SE LLE CONSIDERA QUE ESTÁ NO CAMPO DE

ATAQUE ATA QUE NON PASE COS SEUS DOS PÉS E O BALÓN Á PISTA DIANTEIRA.

  

 

INTERFERENCIAS E INTERPOSICIÓN

   

  SE UN XOGADOR INTRODUCE A MAN

POR DEBAIXO DO ARO E TOCA O BALÓN 

DEBE CONCENDERSE CANASTRA, 

SEXA UN PASE, UN REBOTE OU UN LANZAMENTO

 

  SE O ATACANTE SE BENEFICIA AO AGARRARSE

DO ARO E ACADAR CANASTRA, DEBE ANULARSE

 

 
 

FALTA ANTIDEPORTIVA

  

  SITUACIÓNS DE CONTRAATAQUE,

DERRADEIRO DEFENSOR,

FALTA LATERAL OU POR DETRÁS

SERÁ FALTA ANTIDEPORTIVA.

 

  SAQUES DE BANDA CON RELOXO PARADO, 

SE HAI FALTA SEMPRE 

SERÁ ANTIDEPORTIVA

 


 

FALTA TÉCNICA

 

  USO DOS CÓBADOS: NOS REBOTES CANDO O XOGADOR

SAQUE OS CÓBADOS PARA PROTEXERSE, AINDA QUE NON    

EXISTA CONTACTO, SANCIONAMOS CON FALTA TÉCNICA (SEN   

AVISO PREVIO)

FALTA TÉCNICA

  SE HAI CONTACTO A FALTA É ANTIDEPORTIVA


Publicado por cbcaselas @ 0:43