Mi?rcoles, 03 de septiembre de 2008


O Alevín Mixto ás ordes de Carlos. Ao fondo, as Benxamíns de Natalia.

Tódolos equipos do clube e escolas reencontráronse o pasado día 1 de setembro na primeira sesión de entreno. Ilusión, traballo e moitas gañas de verse, sobre todo o máis pequenos, foron as tónicas desta xornada de "toma de contacto".

VETERANÍA E XUVENTUDE NO CASELAS SENIOR
Baixo as órdenes de Jose Luis Pérez, saltaba a pista as 9:30 da noite o equipo senior. A plantilla non quedará definida ata finais de mes ou principios de outubro. Nun principio e salvo novidades, seguen os bases Saspi e Rubén, os aleiros Iago e Fontán, o ala pivot Yanko, aínda recuperándose da dura lesión, e os pivots Toni e Víctor. É dúbida o escolta Xavi Anglada por doble motivo: lesión nunha rodilla que lle impide esforzo prolongado, e motivos laborais. Dende o clube se agradece o seu esforzo e profesionalidade para incorporarse, pero respetarase a decisión final do xogador de Menorca.
Ademáis destes que continúan do ano pasado, hai un grupo de voluntariosos xogadores (moitos deles do pobo de Salceda) dispostos a formar parte dun proxecto ante todo serio, para o cal se require o traballo de xogadores, entrenador e directiva. O equipo está aberto a incorporación de novos xogadores. Irase dando conta dos fichaxes nesta web.

O primeiro equipo con Iago Suárez co balón.


Publicado por cbcaselas @ 0:06