Jueves, 08 de febrero de 2018

O Senior Masculino e o Mini Feminino xa teñen novos calendarios da 2ªfase da liga, que en ambos casos comezará o 17 de febreiro debutando ambos equipos no pavillón de Salceda: o senior recibe a Los Sauces e as minis ao Defensores do Morrazo.
No caso dos maiores, haberá unha liga a unha volta (Grupo A-1) polo título provincial. Xogarán os 3 primeiros clasificados de Vigo (Sauces, Mos e Caselas) e os 3 primeiros de Arousa (Río Ulla de Pontecesures, San Mauro de Vilanova de Arousa, e Sigaltec de Vilagarcía).
No caso das rapazas mini, será unha liga a doble volta (Grupo A-1) polo título de liga. Xogan as 3 primeiras clasificadas do Grupo B (Porriño, Caselas e Salesianos) e as 3 primeiras do Grupo A (Defensores do Morrazo, Celta e Apóstol).

Os calendarios completos podedes consultalos no menú principal desta web en "competición".

Este fin de semana de Entroido, non hai competición en ningunha categoría.


Publicado por cbcaselas @ 11:07