Domingo, 04 de febrero de 2018


Como mostra a imaxe, a loita foi tremenda.

CB.CASELAS 64 CB.MOS 77
Non poido ser. O Caselas (patrocinado por Hermanos Núñez Lorenzo S.L.), na cita máis importante da temporada, caeu perante un Mos que resolveu dende a liña de 6,75 cun total de 10 triplas. O partido foi moi bó e entretido e non defradou ao numerosísimo público que non parou de alentar aos xogadores de Adrián Salgado.
Na primeira metade non xogamos ben. Xogamos con máis corazón que cabeza, con accións precipitadas e pouco acerto. O Mos xa avisaba con varias triplas, collía ventaxas e se iba ao descanso con 26-41. A pesar de todo, os nosos non perdían a compostura e as opcións de remontada permanecían intactas.
Na segunda metade xogamos moito mellor, incluso chegamos a gañar o marcador parcial. O público empurraba, o Caselas defendía e corría e as diferenzas baixaban aos 8 puntos. Pero os visitantes se mostraron coma un equipo moi sólido e, co seu lanzamento exterior, abortaban unha e outra vez os intentos de achegamento dos de Salceda.
Nos minutos finais, sucedéronse varias faltas e tiros libres no intento dos nosos de parar o crono. Ese intercambio de tiros libres non deu para máis e o Mos levouse a victoria con merecemento. Noraboa polo seu ascenso.
Valorar e destacar o esforzo, actitude e entrega dos xogadores do CB.Caselas, que non deron o partido por perdido ata o final. E como non a fenomenal afeción local, que con cornetas, gritos e ánimos estiveron a altura do espectáculo. Mil grazas!!!!!
O Caselas remata 3ºclasificado e se clasifica para a fase provincial. Ascenden de categoría Los Sauces e Mos.
CB.Caselas (64): Xur 12, Darío 22, Sergio 5, Toni 4 e Rober. QUINTETO. Javi 7, Nico 6, Berna 2, Jose 3, Carlos Vicente 3, Jito e Fredi.
CB.Mos (77): Joserra 4, Eli 8, Pruden 11, Cris 8 e Alex 16. QUINTETO. Alberto 12, Miguel 2, David 0, Arturo 12 e Víctor 4.
Parciais: 15-18 / 11-23 / 16-10 / 22-26.
Incidencias: Pavillón de Deportes de Salceda. Unhas 200 persoas que deron un gran ambiente e animaron sen parar. No descanso sorteuse un lote de productos da Tapería A Esfarrapada.

CATEGORÍAS BASE:
Antes do Senior, xogaron os Minis no inicio da segunda fase perante Miralba. O partido foi moi bonito e resolveuse para os nosos por 69-60.
As Junior desprazáronse a Ourense para xogar co Campus Ourense Blanco Amor. A pesar da derrota por 68-54 e un mal primeiro cuarto (19-8), o partido estivo moi bonito e as nosas deron moi boa imaxe.
Os Infantiles foron derrotados polo Condado por 27-41.

Máis imaxes do Caselas-Mos senior.



Publicado por cbcaselas @ 0:20  | CRONICAS