Mi?rcoles, 31 de enero de 2018

O equipo senior xógase nun partido todo un ano de traballo. Este sábado as 8 da tarde no pavillón de Salceda, última xornada de liga CB.Caselas - CB.Mos, cun segundo posto en xogo que daría o ascenso a 3ªDivisión A.
Haberá sorteo de axuda ao clube dunha cesta cheiña de manxares, diversión, ambiente, cantina e entrada gratuíta.
Facemos un chamamento a afeción para que apoie. Dende os xogadores da base e familiares ata o público en xeral. Todos sumades.
Máis info tamén no facebook. Correde a voz, axúdanos a difundilo!!!

Nas Categorías Base temos estos partidos:
>> Junior Fem: CAMPUS OURENSE - CASELAS
Domingo 4 as 12:00h no IES.Blanco Amor de Ourense.
>> Infantil Mixto: CASELAS - CONDADO
Domingo 4 as 12:30h no Pavillón de Salceda.
>> Mini Masculino: CASELAS - MIRALBA
Sábado 3 as 18:00h no Pavillón de Salceda.


Publicado por cbcaselas @ 22:42
Domingo, 28 de enero de 2018

Tensión, nervios, agarrotamento.....Xogábamos media liga en Redondela perante un rival que non se xogaba nada. E esa presión a piques estivo de pasarnos factura. Perdiamos de un a falla dun minuto, pero arreglouse cun tempo morto do míster Adrián. Pero o obxectivo non era outro que a victoria, e conseguiuse, sufrindo, sí, moitísimo!!
Isto nos ten que facer fortes para o próximo fin de semana, que remata a primeira fase da liga cun partidazo Caselas - Mos. segundo contra terceiro empatados a puntos na clasificación. O gañador acadaría o segundo posto e o ascenso a 3ªDivisión "A".
CB.Caselas (57): Bernabé 10, Darío 18, Xur 15, Toni e Jose. QUINTETO. Carlos 4, Javi 4, Sergio 4, Nico 1, Fredi 1, Rober e Jito.
Parciais: 12-10 / 4-7 / 20-24 / 19-16.

CATEGORÍAS BASE:
O Mini Feminino entrenado por Manolo e Toni acadou un solvente triunfo por 74-42 perante García Barbón. As rapazas rematan a primeira fase da liga entre as tres primeiras e loitarán pola fase polo título de liga.
No resto da xornada, o Premini perdeu por 70-45 na cancha do líder Colexio Mariano de Vigo, cun resultado un tanto enganoso, pois salvo no terceiro periodo (20-2 para o C.Mariano), no resto os nosos competiron moi ben. O Infantil Masc perdeu por 50-32 co Porriño "C".


Publicado por cbcaselas @ 23:04  | CRONICAS
Mi?rcoles, 24 de enero de 2018

O Senior Masculino ten dúas auténticas "finais" nas dúas xornadas que restan da primeira fase da liga. De gañar esos dous partidos, acadaría o ascenso a 3ªDivisión "A". Así que este domingo a tarde en Redondela non poden fallar.
Na base volven todos os equipos a xogar. Tan só un partido en Salceda, o das Mini Feminino. Arriba Caselas!!!

CATEGORÍA: PARTIDO: LUGAR: DATA: HORA:
Senior Masc REDONDELA -CASELAS IES.Mendiño -Redondela Domingo 28 17:00
Junior Fem Descansa ----- ----- -----
Infantil Mixto PORRIÑO "C" - CASELAS Pavillón de Porriño Sábado 27 16:00
Mini Masc NIGRÁN - CASELAS Colexio de Panxón Sábado 27 16:00
Mini Fem CASELAS - GARCÍA BARBÓN Pavillón de Salceda Sábado 27 12:00
Premini C.MARIANO - CASELAS Colexio Mariano Sábado 27 11:00
Baby ----- ----- ----- -----

Publicado por cbcaselas @ 21:31
Lunes, 22 de enero de 2018

O Junior Feminino na súa viaxe a Monforte de Lemos (Lugo) logrou unha cómoda victoria 19-59, aínda que o partido non foi brillante e erramos nas finalizacións. Moita xente de Salceda desprazada nunha gran xornada de domingo de convivencia, con xantar incluído en Monforte. Sen dúdida, moito mérito deste grupo de traballadoras rapazas.
As súas homólogas do Mini Feminino poideron gañar tranquilamente, pero pagaron os numerosos erros no lanzamento (aspecto a traballar) e cederon perante Salesianos Vigo 44-50.
Igualmente o Infantil Masculino perdeu de 6 puntos, 29-35 perante Defensores do Morrazo e tamén con moitas canastas erradas. Pero os de Julio van collendo confianza a base de traballo. No encontro lastimouse Bruno, con esguince de nocello. Desexámoste moi pronta recuperación.
Por último os Baby deprazáronse na mañán de domingo a "III Concentración de Redondela". Os pequenos nos seguen a sorprender co que fan día a día. Bravo por eles!!!!

Nas seguintes imaxes, as Junior en Monforte e os Baby en Redondela.


Publicado por cbcaselas @ 23:35
Mi?rcoles, 17 de enero de 2018

Longo desprazamento das rapazas Junior o domingo á provincia de Lugo, concretamente a Monforte de Lemos. Será a primeira vez na historia que un equipo do clube xogue un partido de liga nesa provincia e nesa localidade.
O primeiro equipo senior descansa. En Salceda xogan as Mini Fem e o Infantil Mixto.
Os peques do Baby terán unha nova ocasión de desfrutar na "III Concentración de Redondela". 
Bo finde a todos!!!

CATEGORÍA: PARTIDO: LUGAR: DATA: HORA:
Senior Masc Descansa ----- ----- -----
Junior Fem VAL DE LEMOS - CASELAS Pavillón IES.Río Cabe -Monforte Domingo 21 12:00
Infantil Mixto CASELAS - DEF.MORRAZO Pavillón de Salceda Domingo 21 10:00
Mini Masc Descansa ----- ----- -----
Mini Fem CASELAS - SALESIANOS Pavillón de Salceda Sábado 20 20:00
Premini Descansa ----- ----- -----
Baby III CONCENTRACIÓN BABY Pavillón A Marisma -Redondela Domingo 21 10:00

Publicado por cbcaselas @ 22:20
Lunes, 15 de enero de 2018

Partido moi serio o feito por oito valentes xogadores do noso equipo senior (bueno, nove, porque Manu estaba lesionado), que se presentaron o domingo xelado as 9:15 no Pavillón de Sárdoma. Non foi unha victoria brillante, pero sí moi traballada, demostrando ser un equipo con maiúsculas e sobrepoñendose as cinco baixas.
O encontro foi duro e defensivo, cun veterano rival que defendeu en zona practicamente os 40 minutos. Tras un primeiro cuarto malo, no segundo collemos ventaxas e nos fomos 22-30. Logo os de Adrián administraron ben as ventaxas para rematar gañando.
CB.Caselas (50): Xur 14, Darío 18, Jose 2, Toni 2, Carlos Vicente. QUINTETO. Fredi 12, Javi 2 e Rober.
Parciais: 10-8 / 12-22 / 10-9 / 11-11.

Categorías Base:
Junior F: CASELAS 84 XINZO DE LIMIA 40
Infantil M: REDONDELA 45 CASELAS 31
Mini M: CASELAS 28 C.MARIANO 68
Mini F: CASELAS 11 PORRIÑO 61
Premini: CASELAS 51 CONDADO 33


Publicado por cbcaselas @ 21:49  | CRONICAS
Mi?rcoles, 10 de enero de 2018

Primeiros partidos de liga do ano para os nosos equipos, que xa teñen moitas gañas de xogar.
Senior Masc de Adrián inicia un mes de xaneiro onde non xogará ningún partido en Salceda. Entre desprazamentos e xornada de descanso, non voltaremos a velos no pavillón de Salceda ata o 3 de febreiro onde recibimos a Mos, no remate da primeira fase. Este domingo, madrugón para ir a Vigo contra o histórico Rodaballo.
Junior Fem de Adrián e Xan recibe ao AB.Xinzo de Limia, un clube que visitará o noso pavillón por primeira vez na historia. Esperamos ver un bó partido. Benvido o equipo ourensán!!
Infantil Mx de Julio estrena calendario da segunda fase de liga xogando polos postos 7º a 14º nunha interesante liga a doble volta.
No Minibasket, os tres equipos do clube xogan en casa durante a mañán de sábado. Esperamos un bó ambiente e ánimo das familias cara aos nosos deportitas.

CATEGORÍA: PARTIDO: LUGAR: DATA: HORA:
Senior Masc RODABALLO - CASELAS Pavillón de Sárdoma Domingo 14 10:00
Junior Fem CASELAS - XINZO DE LIMIA Pavillón de Salceda Domingo 14 17:00
Infantil Mixto REDONDELA - CASELAS IES.Mendiño -Redond. Sábado 13 16:00
Mini Masc CASELAS - C.MARIANO Pavillón de Salceda Sábado 13 12:30
Mini Fem CASELAS - PORRIÑO B Pavillón de Salceda Sábado 13 11:00
Premini CASELAS - CONDADO Pavillón de Salceda Sábado 13 9:30
Baby ----- ----- ----- -----

Publicado por cbcaselas @ 22:29