Domingo, 28 de enero de 2018

Tensión, nervios, agarrotamento.....Xogábamos media liga en Redondela perante un rival que non se xogaba nada. E esa presión a piques estivo de pasarnos factura. Perdiamos de un a falla dun minuto, pero arreglouse cun tempo morto do míster Adrián. Pero o obxectivo non era outro que a victoria, e conseguiuse, sufrindo, sí, moitísimo!!
Isto nos ten que facer fortes para o próximo fin de semana, que remata a primeira fase da liga cun partidazo Caselas - Mos. segundo contra terceiro empatados a puntos na clasificación. O gañador acadaría o segundo posto e o ascenso a 3ªDivisión "A".
CB.Caselas (57): Bernabé 10, Darío 18, Xur 15, Toni e Jose. QUINTETO. Carlos 4, Javi 4, Sergio 4, Nico 1, Fredi 1, Rober e Jito.
Parciais: 12-10 / 4-7 / 20-24 / 19-16.

CATEGORÍAS BASE:
O Mini Feminino entrenado por Manolo e Toni acadou un solvente triunfo por 74-42 perante García Barbón. As rapazas rematan a primeira fase da liga entre as tres primeiras e loitarán pola fase polo título de liga.
No resto da xornada, o Premini perdeu por 70-45 na cancha do líder Colexio Mariano de Vigo, cun resultado un tanto enganoso, pois salvo no terceiro periodo (20-2 para o C.Mariano), no resto os nosos competiron moi ben. O Infantil Masc perdeu por 50-32 co Porriño "C".


Publicado por cbcaselas @ 23:04  | CRONICAS