Lunes, 22 de enero de 2018

O Junior Feminino na súa viaxe a Monforte de Lemos (Lugo) logrou unha cómoda victoria 19-59, aínda que o partido non foi brillante e erramos nas finalizacións. Moita xente de Salceda desprazada nunha gran xornada de domingo de convivencia, con xantar incluído en Monforte. Sen dúdida, moito mérito deste grupo de traballadoras rapazas.
As súas homólogas do Mini Feminino poideron gañar tranquilamente, pero pagaron os numerosos erros no lanzamento (aspecto a traballar) e cederon perante Salesianos Vigo 44-50.
Igualmente o Infantil Masculino perdeu de 6 puntos, 29-35 perante Defensores do Morrazo e tamén con moitas canastas erradas. Pero os de Julio van collendo confianza a base de traballo. No encontro lastimouse Bruno, con esguince de nocello. Desexámoste moi pronta recuperación.
Por último os Baby deprazáronse na mañán de domingo a "III Concentración de Redondela". Os pequenos nos seguen a sorprender co que fan día a día. Bravo por eles!!!!

Nas seguintes imaxes, as Junior en Monforte e os Baby en Redondela.


Publicado por cbcaselas @ 23:35