Viernes, 29 de diciembre de 2017

A tradicional merenda de nadal ofrecida pola directiva do CB.Caselas, reuniu na Devesa a toda a familia do basket salcedense. Houbo chocolatada con rosca, entrega de calendarios do clube e unha gran convivencia.


Publicado por cbcaselas @ 23:40  | TORNEOS E ACTOS
Domingo, 24 de diciembre de 2017


O CB.Caselas/EDM.Salceda Mini Fem participou na víspera de noiteboa no "IV Torneo Solidario de Nigrán", organizado con éxito polo CB.Nigrán. Durante a tarde, as de Manolo enfrontáronse ao Pontevedra, Apóstol, Celta e Nigrán. Na imaxe, o equipo coas súas medallas.


Publicado por cbcaselas @ 18:04  | TORNEOS E ACTOS
Martes, 19 de diciembre de 2017

Domingo 17 de nadal para non esquecer no Pavillón de Salceda. Por un lado a II Concentración Babybasket (foto de arriba) organizada polo noso clube, congregou ao futuro do baloncesto do sur provincial. Moita ilusión e anécdotas que contar cuns pequenos protagonistas que arrincaron os aplausos dos numerosos familiares nas bancadas. Estiveron presentes equipos dos clubes Nigrán, Redondela, Celta, Apóstol, Amor de Dios, García Barbón e por suposto as EDM.de Salceda.

Xa pola tarde, a Presentación Oficial do CB.Caselas e EDM.Salceda culminou unha gran xornada, rematada pola victoria do noso Senior. Preto de 90 xogadores/as repartidos en 7 equipos, dirixidos por 7 entrenadores e outros tantos membros da directiva, conforman o entramado do baloncesto salcedense.
Todos foron desfilando un a un, para pasar as fotos, minipartidos e xogos de tiro. Tamén foron presentados as personalidades políticas municipais e os patrocinadores: Hermanos Núñez Lorenzo, Asesoría Integral Salceda, Natural Granite Lemos Romero, Chocolates Antoxo e Norexca Excavacións.
Dende o CB.Caselas agradécese o comportamento e compromiso de todas as partes, que nos fai crecer e mellorar cada día.
Tedes máis fotos e números premiados do sorteo no facebook do clube.


Publicado por cbcaselas @ 0:21  | TORNEOS E ACTOS
Lunes, 18 de diciembre de 2017

O partido respondeu as expectativas creadas nun derbi comarcal entre dous equipos moi igualados. O Condado aparecía como segundo clasificado na liga e o Caselas terceiro. As máis de 200 persoas que se acercaron ao pavillón de Salceda disfrutaron dun encontro bonito, intenso e decidido ao final. O Caselas levou sempre o mando no marcador os 40 minutos, pero con ventaxas máximas de 10 puntos, que eran reducidas constantemente polos de Ponteareas.
Pero se algo habería que destacar, é a grande actitude dos xogadores de Adrián Salgado, que supliron as importantes baixas de Darío e Javi, con concentración e un gran desgaste físico, con varios xogadores que quedaron tocados. E apoiados por un público xenial, que subiu notablemente os decibelios no tramo final. Grazas afeción.
Agora hai descanso navideño. Votamos a competición o 13-14 de xaneiro visitando ao Rodaballo de Vigo.
CB.Caselas (67): Rober 4, Toni 6, Fredi 2, Jito 6, Xur 23. QUINTETO. Jose, Sergio 2, Nico 7, Carlos 10, Berna 4 e Manu 3.
Incidencias: Encontro da 10ª xornada de liga de 3ªdivisión B xogado despois da festa de Presentación do clube. Máis de 200 persoas e un excelente ambiente. No descanso fíxose o tradicional sorteo de regalos doados por casas comerciais de Salceda.

CATEGORÍAS BASE:
Junior Fem: BAIONA 70 CASELAS 32
Infantil Mx: CASELAS 30 CONDADO PONTEAREAS 37
Mini Masc: REDONDELA 35 CASELAS 48
Mini Fem: BASKETGAL 24 CASELAS 38
Toda a liga da nosa base parará ata despois de Reis.


Publicado por cbcaselas @ 23:48  | CRONICAS
Martes, 12 de diciembre de 2017

Fin de semana esperado por todos, con dous grandes actos no pavillón de Salceda (ver os carteis).

---- Domingo 17 de nadal as 12:00h, II Concentración Babybasket, con máis de 100 nenos/as de 5, 6 e 7 aniños pertencentes a diversos clubes da provincia de Pontevedra. Alí estarán os nosos peques das EDM.Salceda mostrando o que saben.
---- E xa pola tarde as 17:00h, Presentación Oficial do CB.Caselas e EDM.Salceda, onde daremos a coñecer todos os xogadores/as, entrenadores, directiva e patrocinadores desta temporada. Ademáis música, ambiente e sorteo de axuda ao clube coa rifa a un euro con moitos regalos. Para rematar, derbi comarcal Senior de 3ªdivisión entre o Caselas e o Condado de Ponteareas.

Por outro lado, continúan as ligas para os nosos equipos, con estos partidos de categoría base que serán os derradeiros do ano 2017:

Junior Fem: BAIONA - CASELAS
Sábado 16 // 17:45h // Pavillón de Baiona
Infantil Mixto: CASELAS - CONDADO PONTEAREAS
Domingo 17 // 10:00h // Pavillón de Salceda
Mini Masc: REDONDELA - CASELAS
Sábado 16 // 10:00h // Instituto Mendiño -Redondela
Mini Fem: BASKETGAL - CASELAS
Sábado 16 // 16:00h // Colexio Los Sauces
Premini: TUI B - CASELAS
- APRAZADO -




Publicado por cbcaselas @ 23:04
Lunes, 04 de diciembre de 2017

Saímos moi relaxados no primeiro cuarto, faltos de intensidade defensiva (22-10 era o marcador nos primeiros 10 minutos); e nunha liga tan igualada como esta, esos detalles castíganse.
Quitando ese "despiste", o Caselas plantoulle cara ao líder ata o final, poñéndose incluso por diante a partir do descanso. Pero Sauces reaccionaba e collía pequenas ventaxas. Nos segundos finais, con 3 puntos abaixo, Darío tivo a tripla para empatar, pero non entrou. Logo, falta persoal dos nosos e os locais anotan un tiro libre para sentenciar.
O vindeiro fin de semana non haberá liga en ningunha categoría pola ponte da Constitución.

Categorías base:
Voltou a gañar o Premimi, nun partido onde houbo minutos para todos. Caselas 63 Baiona 39.
O Mini Masculino venceu nun bonito derbi en Porriño: Porriño B 49 Caselas 54.
Perdeu o Junior Feminino en Navia co R.C.Celta 55-33. Pese a sair algo dormidas (23-5 no primeiro cuarto), as rapazas "despertaron" facendo unha moi boa segunda parte.


Publicado por cbcaselas @ 14:39  | CRONICAS