Martes, 19 de diciembre de 2017

Domingo 17 de nadal para non esquecer no Pavillón de Salceda. Por un lado a II Concentración Babybasket (foto de arriba) organizada polo noso clube, congregou ao futuro do baloncesto do sur provincial. Moita ilusión e anécdotas que contar cuns pequenos protagonistas que arrincaron os aplausos dos numerosos familiares nas bancadas. Estiveron presentes equipos dos clubes Nigrán, Redondela, Celta, Apóstol, Amor de Dios, García Barbón e por suposto as EDM.de Salceda.

Xa pola tarde, a Presentación Oficial do CB.Caselas e EDM.Salceda culminou unha gran xornada, rematada pola victoria do noso Senior. Preto de 90 xogadores/as repartidos en 7 equipos, dirixidos por 7 entrenadores e outros tantos membros da directiva, conforman o entramado do baloncesto salcedense.
Todos foron desfilando un a un, para pasar as fotos, minipartidos e xogos de tiro. Tamén foron presentados as personalidades políticas municipais e os patrocinadores: Hermanos Núñez Lorenzo, Asesoría Integral Salceda, Natural Granite Lemos Romero, Chocolates Antoxo e Norexca Excavacións.
Dende o CB.Caselas agradécese o comportamento e compromiso de todas as partes, que nos fai crecer e mellorar cada día.
Tedes máis fotos e números premiados do sorteo no facebook do clube.


Publicado por cbcaselas @ 0:21  | TORNEOS E ACTOS