Lunes, 18 de diciembre de 2017

O partido respondeu as expectativas creadas nun derbi comarcal entre dous equipos moi igualados. O Condado aparecía como segundo clasificado na liga e o Caselas terceiro. As máis de 200 persoas que se acercaron ao pavillón de Salceda disfrutaron dun encontro bonito, intenso e decidido ao final. O Caselas levou sempre o mando no marcador os 40 minutos, pero con ventaxas máximas de 10 puntos, que eran reducidas constantemente polos de Ponteareas.
Pero se algo habería que destacar, é a grande actitude dos xogadores de Adrián Salgado, que supliron as importantes baixas de Darío e Javi, con concentración e un gran desgaste físico, con varios xogadores que quedaron tocados. E apoiados por un público xenial, que subiu notablemente os decibelios no tramo final. Grazas afeción.
Agora hai descanso navideño. Votamos a competición o 13-14 de xaneiro visitando ao Rodaballo de Vigo.
CB.Caselas (67): Rober 4, Toni 6, Fredi 2, Jito 6, Xur 23. QUINTETO. Jose, Sergio 2, Nico 7, Carlos 10, Berna 4 e Manu 3.
Incidencias: Encontro da 10ª xornada de liga de 3ªdivisión B xogado despois da festa de Presentación do clube. Máis de 200 persoas e un excelente ambiente. No descanso fíxose o tradicional sorteo de regalos doados por casas comerciais de Salceda.

CATEGORÍAS BASE:
Junior Fem: BAIONA 70 CASELAS 32
Infantil Mx: CASELAS 30 CONDADO PONTEAREAS 37
Mini Masc: REDONDELA 35 CASELAS 48
Mini Fem: BASKETGAL 24 CASELAS 38
Toda a liga da nosa base parará ata despois de Reis.


Publicado por cbcaselas @ 23:48  | CRONICAS