Lunes, 04 de diciembre de 2017

Saímos moi relaxados no primeiro cuarto, faltos de intensidade defensiva (22-10 era o marcador nos primeiros 10 minutos); e nunha liga tan igualada como esta, esos detalles castíganse.
Quitando ese "despiste", o Caselas plantoulle cara ao líder ata o final, poñéndose incluso por diante a partir do descanso. Pero Sauces reaccionaba e collía pequenas ventaxas. Nos segundos finais, con 3 puntos abaixo, Darío tivo a tripla para empatar, pero non entrou. Logo, falta persoal dos nosos e os locais anotan un tiro libre para sentenciar.
O vindeiro fin de semana non haberá liga en ningunha categoría pola ponte da Constitución.

Categorías base:
Voltou a gañar o Premimi, nun partido onde houbo minutos para todos. Caselas 63 Baiona 39.
O Mini Masculino venceu nun bonito derbi en Porriño: Porriño B 49 Caselas 54.
Perdeu o Junior Feminino en Navia co R.C.Celta 55-33. Pese a sair algo dormidas (23-5 no primeiro cuarto), as rapazas "despertaron" facendo unha moi boa segunda parte.


Publicado por cbcaselas @ 14:39  | CRONICAS