Mi?rcoles, 15 de noviembre de 2017

Os pequerrechos das EDM.Salceda xogarán a "I Concentración Babybasket" este domingo en Vigo, destinada aos nacidos no 2010 e 2011. Será o primeiro partido "oficial" para os nosos nenos e nenas dirixidos por Toni, que de bó seguro, disfrutarán xunto as súas familias.
Interesantísimo derbi comarcal Senior no Óscar Pereiro de Mos entre o CB.Mos e o CB.Caselas. E partidos na base para todos os gustos. Nos vemos nas canchas!!!

CATEGORÍA: PARTIDO: LUGAR: DATA: HORA:
Senior Masc MOS - CASELAS Pavillón Óscar Pereiro -Mos Sábado 18 18:00
Junior Fem CASELAS - SALESIANOS Pavillón de Salceda Sàbado 18 20:00
Infantil Mixto CASELAS - NOVOBASKET Pavillón de Salceda Sábado 18
16:00
Mini Masc Descansa ----- ----- -----
Mini Fem GARCÍA BARBÓN - CASELAS Colexio García Barbón -Vigo Sábado 18
12:00
Premini NOVOBASKET - CASELAS Colexio Maristas -Vigo Sábado 18
12:30
Baby I CONCENTRACIÓN Pavillón de Navia Domingo 19 12:00

Publicado por cbcaselas @ 22:49
Martes, 14 de noviembre de 2017

Hoxe martes 14 de novembro de 2017, hai un ano que tomou posesión a nova directiva do Club Baloncesto Caselas. Sete valentes compañeiros tomaron a decisión de coller o timón dun barco con moi bó rumbo, pero que había que seguir manexando para chegar a bó porto. E así foi. O noso CB.Caselas -e as EDM. Salceda- continúan a facer a súa labor voluntaria e altruísta cos nenos e nenas e xuventude do concello e limítrofes. Moitas horas de tempo libre dos directivos/as (sacadas en ocasións das súas familias), algún que outro quebradeiro de cabeza, pero de sobra compensados coa ledicia dos pequenos e o recoñecemento e respeto de toda a xente.
As dúas mulleres: Ana Belén e Pili, ahí, rexistrando e clasificando as equipaxes. Aos compañeiros da etapa anterior: Miro (todoterreo, sempre na cantina), Manolo Sanfer e Luis González (tesoureiro). E a os novos xunto con Pili: Fredi (secretario, xogador do senior e mil funcións) e Luis Suárez, o presi, sempre disposto a facer o mellor para o clube.
A eles, o meu ánimo e apoio constante para seguir cumplindo soños.
Manuel González "Manolo". Entrenador e ex-presidente do CB.Caselas.


Publicado por cbcaselas @ 11:43  | DIRECTIVA
Domingo, 12 de noviembre de 2017

A superioridade do CB.Caselas non foi plasmada ata a segunda metade, onde os de Adrián Salgado abriron unha brecha no marcador de máis de 10 puntos. Ata entón o Redondela mostrou oposición, nun encontro entretido, con pequenas rendas para os de Salceda que poideron ser maiores de non ser pola gran cantidade de tiros libres errados.
O Pavillón de Deportes de Salceda rexistrou unha entrada de preto de medio centenar de afecionados.
Na vindeira xornada, derbi comarcal contra Mos no pavillón Óscar Pereiro.

CATEGORÍAS BASE
A continuación dos Senior, saltaron á pista as Junior perante outro rival inédito, o Campus Ourense Blanco Amor, un gran equipo que, pese a diferenza final no marcador, 38-64, as nosas rapazas -en clara desventaxa física e de idade- plantaron batalla.
No resto da xornada destacar a marcha imparable dos Premini con gran victoria.
Junior Fem: CASELAS 38 CAMPUS OURENSE BL.AMOR 64
Infantil Mixto: APÓSTOL 55 CASELAS 4
Mini Masc: SALESIANOS 71 CASELAS 20
Mini Fem: SALESIANOS 22 CASELAS 31
Premini: CASELAS 60 APÓSTOL BLANCO 21


Publicado por cbcaselas @ 22:54  | CRONICAS
Mi?rcoles, 08 de noviembre de 2017

Volve o baloncesto senior ao pavillón: este sábado as 6:30 da tarde CB.Caselas-CB.Redondela. E a continuación as junior. Ademáis unha completa xornada para a base.
Ambiente, cantina.....Todos ao pavillón!!!!

CATEGORÍA: PARTIDO: LUGAR: DATA: HORA:
Senior Masc CASELAS - REDONDELA Pavillón de Salceda Sábado 11 18:30
Junior Fem CASELAS - CAMPUS OURENSE B.A.
Pavillón de Salceda Sàbado 11 20:15
Infantil Mixto APÓSTOL - CASELAS
Colexio Apóstol Vigo
Sábado 11
11:00
Mini Masc SALESIANOS - CASELAS
Colexio Salesianos Vigo
Sábado 11
12:00
Mini Fem SALESIANOS - CASELAS
Colexio Salesianos Vigo
Sábado 11
18:00
Premini CASELAS - APÓSTOL BLANCO
Pavillón de Salceda
Sábado 11
10:00
Baby ---- ---- ---- ----

Publicado por cbcaselas @ 17:43
Lunes, 06 de noviembre de 2017

Gañou o Mini Masculino de Adrián e Rober e o Premini de Adrián e Claudia en dous bos partidos onde todos os rapaces saíron moi contentos.
Perdeu o Mini Feminino de Manolo e Toni e o Infantil Mixto de Julio. Isto nos invita a traballar, se cabe, con máis gañas.
Descansaron o Senior Masculino e Junior Feminino.

RESULTADOS:
Infantil Mixto: Caselas 14 Basketgal 43
Mini Masculino: Caselas 69 Nigrán 41
Mini Feminino: Porriño 57 Caselas 6
Premini: Salesianos Vigo 6 Caselas 56


Publicado por cbcaselas @ 22:32
Mi?rcoles, 01 de noviembre de 2017

A xornada xa comeza este xoves 2 co partido junior fem aprazado da primeira xornada de liga. Arriba Caselas!!!

CATEGORÍA: PARTIDO: LUGAR: DATA: HORA:
Senior Masc Descanso ----- ----- -----
Junior Fem CASELAS - BAIONA Pavillón de Salceda Xoves 2 20:00
Infantil Mixto CASELAS - BASKETGAL Pavillón de Salceda Sábado 4 18:00
Mini Masc CASELAS - NIGRÁN Pavillón de Salceda Sábado 4 16:00
Mini Fem PORRIÑO - CASELAS Pavillón de Porriño Sábado 4 10:00
Premini SALESIANOS - CASELAS Colexio Salesianos Vigo Sábado 4 12:30
Baby ---- ---- ---- ----

Publicado por cbcaselas @ 19:17