Domingo, 26 de noviembre de 2017


Na imaxe, os xogadores senior mostrando lemas en contra da violencia machista.

Aínda que o Caselas non tivo o seu mellor día, tivo opcións ata o final, onde o noso xogador Nico tivo a tripla nas súas mans para empatar no último segundo. O Fisiomiño Xestas de Vigo apareceu en Salceda coma un equipo moi pelexón, con moita intensidade, incluso rozando a falta persoal en moitas accións. O Caselas non estivo mal -os nosos xogadores loitaron e se entregaron-, pero pagou en exceso o despiste no rebote defensivo e os constantes erros no tiro libre, fallando en moitas ocasións os dous tiros que dispoñían.
O vindeiro fin de semana visitamos a cancha do líder Sauces San José.
Agradecer ao público que nos apoiou no partido, especialmente ao público infantil e xogadores da base. Non foron moitos como ven sendo habitual (preto de medio centenar de persoas), pero os seus berros e ánimo nos momentos que o equipo máis o precisa, valen moitísimo. Grazas!!

CATEGORÍAS BASE:
Tan só se xogaron dous partidos. Ledicia total para un Premini invicto con nova victoria en Coia: Seis do Nadal "B" 21 Caselas 59.
O Mini Masculino aguantou moi ben ata o cuarto periodo, pero logo o Novobasket Vigo demostrou ser máis equipo para gañar por 49-76.


Publicado por cbcaselas @ 23:11  | CRONICAS