Lunes, 20 de noviembre de 2017

Terceira victoria consecutiva do Caselas no derbi comarcal desputado no pavillón Óscar Pereiro de Mos.
Partido dominado polos de Salceda perante un veterano equipo local que se mantiña a base do lanzamento de 6,25. Así, no descanso, a diferenza era clara: 30-42, pero para nada definitiva.
No cuarto periodo, co partido case sentenciado, nos confiamos en exceso e deixamos moi sós aos expertos tiradores locais, que a base de triplas lograron poñerse a 3 puntos: 67-70. Pero os de Adrián Salgado voltaron a apretar e sentenciaron con dous tiros libres de Darío.
CB.Caselas (72): Toni, Rober, Sergio 7, Javi 9, Nico 3. QUINTETO. Xur 12, Carlos 3, Fredi, Manu, Darío 30, Jose 2, Berna 8.
Na vindeira xornada, volta o baloncesto a Salceda. Comeza a segunda volta da liga e recibimos ao Fisiomiño Xestas de Vigo.

CATEGORÍAS BASE:
Os grandes protagonistas da base foron os Baby, nun día para non esquecer, xa que xogaron os primeiros partidos das súas vidas. Acompañados polas súas familias e polo seu entrenador Toni, mostraron o seu saber na "I Concentración Baby" en Navia (Vigo). Grandes!!
No resto das categorías, estos resultados:
Junior Fem: CASELAS 24 SALESIANOS 66
Infantil Mx: CASELAS 22 NOVOBASKET AZUL 34
Mini Fem: GARCÍA BARBÓN 39 CASELAS 41
Premini: NOVOBASKET AZUL 24 CASELAS 42

Na imaxe, os Baby das EDM.Salceda en Navia.


Publicado por cbcaselas @ 22:45  | CRONICAS