Martes, 14 de noviembre de 2017

Hoxe martes 14 de novembro de 2017, hai un ano que tomou posesión a nova directiva do Club Baloncesto Caselas. Sete valentes compañeiros tomaron a decisión de coller o timón dun barco con moi bó rumbo, pero que había que seguir manexando para chegar a bó porto. E así foi. O noso CB.Caselas -e as EDM. Salceda- continúan a facer a súa labor voluntaria e altruísta cos nenos e nenas e xuventude do concello e limítrofes. Moitas horas de tempo libre dos directivos/as (sacadas en ocasións das súas familias), algún que outro quebradeiro de cabeza, pero de sobra compensados coa ledicia dos pequenos e o recoñecemento e respeto de toda a xente.
As dúas mulleres: Ana Belén e Pili, ahí, rexistrando e clasificando as equipaxes. Aos compañeiros da etapa anterior: Miro (todoterreo, sempre na cantina), Manolo Sanfer e Luis González (tesoureiro). E a os novos xunto con Pili: Fredi (secretario, xogador do senior e mil funcións) e Luis Suárez, o presi, sempre disposto a facer o mellor para o clube.
A eles, o meu ánimo e apoio constante para seguir cumplindo soños.
Manuel González "Manolo". Entrenador e ex-presidente do CB.Caselas.


Publicado por cbcaselas @ 11:43  | DIRECTIVA