Domingo, 12 de noviembre de 2017

A superioridade do CB.Caselas non foi plasmada ata a segunda metade, onde os de Adrián Salgado abriron unha brecha no marcador de máis de 10 puntos. Ata entón o Redondela mostrou oposición, nun encontro entretido, con pequenas rendas para os de Salceda que poideron ser maiores de non ser pola gran cantidade de tiros libres errados.
O Pavillón de Deportes de Salceda rexistrou unha entrada de preto de medio centenar de afecionados.
Na vindeira xornada, derbi comarcal contra Mos no pavillón Óscar Pereiro.

CATEGORÍAS BASE
A continuación dos Senior, saltaron á pista as Junior perante outro rival inédito, o Campus Ourense Blanco Amor, un gran equipo que, pese a diferenza final no marcador, 38-64, as nosas rapazas -en clara desventaxa física e de idade- plantaron batalla.
No resto da xornada destacar a marcha imparable dos Premini con gran victoria.
Junior Fem: CASELAS 38 CAMPUS OURENSE BL.AMOR 64
Infantil Mixto: APÓSTOL 55 CASELAS 4
Mini Masc: SALESIANOS 71 CASELAS 20
Mini Fem: SALESIANOS 22 CASELAS 31
Premini: CASELAS 60 APÓSTOL BLANCO 21


Publicado por cbcaselas @ 22:54  | CRONICAS