Domingo, 29 de octubre de 2017

Xa polo visto nos primeiros compases, prevíase un encontro reñido e disputado, e así foi. Os de Adrián Salgado atragantouselles a defensa en zona plantexada polos vigueses, e pese a dominar con escasas rendas, os nosos xogadores chocaban cos rochosos e veteranos xogadores visitantes. E cando intentabamos correr, rematabamos con accións precipitadas de 1c2. Pero o partido en liñas xerais foi bastante bó, especialmente no cuarto final: 41-41, 48-41, 51-51 e arreón final do Caselas cuns minutos excepcionais que provocaron o delirio do preto de medio centenar de persoas no Pavillón.
Entre os 12 xogadores participantes, debutou Jorge González "Jito". Durante o partido celebrouse o concurso "averigua o resultado", resultando vencendor o xogador premini Izan González, que acertou de pleno ao sinalar que o Caselas gañaba por 10 puntos. Na vindeira xornada descansaremos.

CATEGORÍAS BASE
En Junior Feminino nos visitaba un equipo inédito, o CB.Val de Lemos de Monforte, ao que gañamos por 59-20.
Con infarto e suspense gañaron os Premini a Miralba nun encontro propio dunha final: 44-40.
O Mini Feminino competiu moi ben con Basketgal pero acabou por ceder 36-48.
Derrotas sen concesións para o Infantil Mixto en Salesianos e o Mini Masculino en Apóstol.

Imaxes:  1) Os Preminis atentos a Claudia.  2) O Mini Feminino ao remate do partido.  3) Sofía lanza a canasta no junior perante Val de Lemos.  4) No senior, Izan averiguou o resultado e levouse esta camiseta.


Publicado por cbcaselas @ 22:28  | CRONICAS
Mi?rcoles, 25 de octubre de 2017

Sábado a tope de baloncesto con moitos atractivos.
O equipo Senior recibe as 8 da tarde ao histórico Rodaballo. Esperamos contar co apoio do noso gran público. Haberá concurso para [email protected] "averigua o resultado do partido".
Antes, as 6 da tarde, as Junior reciben ao outro clube ao nunca nos enfrontamos na historia: o Val de Lemos (Monforte de Lemos -Lugo).
E pola mañan, debutarán os nosos queridos pequenos e pequenas das Escolas Deportivas Municipais de Salceda, con moitas gañas de xogar. Comezan as ligas de minibasket e o bulicio no pavillón. O Mini Masculino está dirixido por Adrián Salgado e Roberto Temporao (novo entrenador do clube). O Mini Feminino por Manolo González e Toni Machado. O Premini por Claudia Montes (nova entrenadora) e Adrián Salgado. E o Baby por Toni Machado.

Axúdanos a difundilo. Ven e disfruta. O CB.Caselas é de todos!!!!

CATEGORÍA: PARTIDO: LUGAR: DATA: HORA:
Senior Masc CASELAS - RODABALLO VIGO Pavillón de Salceda Sábado 28 20:00
Junior Fem CASELAS - VAL DE LEMOS Pavillón de Salceda Sábado 28 18:00
Infantil Mixto SALESIANOS - CASELAS Colexio Salesianos Vigo Sábado 28 16:00
Mini Masc APÓSTOL - CASELAS Colexio Apóstol Vigo Sábado 28 11:00
Mini Fem CASELAS - BASKETGAL Pavillón de Salceda Sábado 28 12:00
Premini CASELAS - MIRALBA Pavillón de Salceda Sábado 28 10:00
Baby ---- ---- ---- ----

Publicado por cbcaselas @ 22:50
Lunes, 23 de octubre de 2017



As dúas primeiras imaxes son do senior en Ponteareas coa súa fiel afición. As tres seguintes, as junior en Xinzo de Limia.

Encontro intenso e disputado en Ponteareas perante un bo equipo, onde o Caselas alternou momentos de bo xogo con outros de precipitación, individualismo e erros de concentración. Aínda así os minutos transcurrían cun constante tira e aflouxa por parte do Condado -que trataba de manter a ventaxa de 10 puntos- e o Caselas -que se achegaba por momentos-. E iso mantivo entretido a numerosa parroquia desprazada dende Salceda (preto de catro decenas de animosos afecionados), sempre ao lado dos de Adrián Salgado.
Na vindeira semana recibimos en Salceda ao veterano Rodaballo de Vigo. Alí estaremos.
C.B.CASELAS (57): Sergio 6, Xur 6, Darío 17, Toni 0, Berna 8. QUINTETO. Javi 0, Fredi 0, Rober 1, Manu 10, Jose 0, Nico 9.
Sinalar que o Jorge González "Jito", de 29 anos, é novo xogador do equipo. Jito, que xa xogou na temporada pasada, non debutou en Ponteareas, pero estará a disposición para os seguintes partidos. Benvido.

AS JUNIOR GAÑAN EN XINZO DE LIMIA.
No debut na 2ºDivisión Junior Feminina, as de Adrián e Xan gañaron ao AB.Xinzo por 52-56, nun encontro con dous equipos moi semellantes onde calqueira poido gañar. As de Salceda -coas baixas de Mireya e Alba- complicáronse nos 3 últimos minutos onde perdían de 6 puntos; pero nuns minutos finais moi bos, invertiron o marcador para levarse o triunfo.
O Infantil Mixto debutaba con derrota en Salceda con Defensores do Morrazo por 19-63.


Publicado por cbcaselas @ 23:10  | CRONICAS
Mi?rcoles, 18 de octubre de 2017

Debut na liga para Junior Feminino (que non xogou na primeira xornada) e para o Infantil Mixto.
As junior viaxan a localidade ourensán de Xinzo de Limia. Será a primeira vez que un equipo do noso clube xogue alí.
Os infantiles se estrenan en casa perante Defensores do Morrazo de Cangas. Tamén estrenan novo adestrador: Julio García, procedente do CB.Condado que aportará a súa experiencia ao grupo. Benvido Julio!
O Senior xoga o domingo o derbi en Ponteareas. Esperamos un bó número de afecionados apoiando.

CATEGORÍA: PARTIDO: LUGAR: DATA: HORA:
Senior Masc CONDADO - CASELAS Pavillón de Ponteareas Domingo 22 19:00
Junior Fem XINZO - CASELAS Pavillón de Xinzo de Limia Domingo 22 12:00
Infanitl Mixto CASELAS - DEFENS.MORRAZO Pavillón de Salceda Sábado 21 12:00

Publicado por cbcaselas @ 14:33

Unha temporada máis -e xa van moitas- axudando a recuperar aos nosos xogadores. Moitas grazas Juan.


Publicado por cbcaselas @ 11:35
Lunes, 16 de octubre de 2017

Dúas xornadas de liga e dúas prórrogas para o Caselas, aínda que esta vez tocou cruz. Os nosos xogaron un partido bó en liñas xerais, cun marcador sempre moi axustado, pero fallamos un pouco en defensa e no tiro libre, onde non estivemos moi concentrados.
Na segunda parte do partido, os vigueses acadaron 10 puntos de ventaxa, que foron neutralizados polo Caselas empurrados por un gran público, ata chegar ao empate a 61 que nos mandaba á prórroga. Logo, cometemos os errores dos que falabamos e perdonamos para ceder polos 3 puntos finais.
Destacar e agradecer aos preto dun cento de animosos afecionados (moi de agradecer) e a implicación dos 12 xogadores do plantel dirixidos por Adrián.
Próxima semana derbi comarcal en Ponteareas perante o CB.Condado.


Publicado por cbcaselas @ 14:35  | CRONICAS
Mi?rcoles, 11 de octubre de 2017

C.B.CASELAS -- SAUCES SAN JOSÉ
.................................................
3ª División Autonómica
Sábado 14 de outubro // 6 da tarde

Pavillón de Deportes de Salceda

Axúdanos a difundilo. Ven e disfruta. O CB.Caselas é de todos!!!


Publicado por cbcaselas @ 23:24

O CB.Caselas junior feminino debutará nunha interesante liga de 2ªDivisión composta por 7 equipos do sur de Pontevedra e de Ourense.
Na primeira fase xogan todos contra todos a doble volta. Na segunda fase haberá cruces: os 4 primeiros clasificados xogarán as semifinais polo título (1ºvs4º / 2ºvs3º). O resto xogarán os postos 5º a 7º nunha liguiña a unha volta.
Os equipos son: RC.Celta Bosco, Salesianos Vigo, Baiona, Campus Ourense, Xinzo de Limia, Val de Lemos de Monforte e CB.Caselas.
O Caselas terá que esperar a segunda xornada de liga para debutar nun longo desprazamento a Xinzo de Limia, xa que na primeira a disputar este 14 outubro, quedou aprazado o partido contra Baiona.
O plantel fórmano 12 xogadoras: 6 aínda en idade cadete e outras 6 junior de primeiro ano. O equipo está formado na súa maioría por xogadoras formadas nas EDM.de Salceda dende que eran pequenas. Excepto Sofía Filgueira, que é a única incorporación, o resto proceden do equipo cadete. Ao mando Adrián Salgado e Xan Otero, que continúan coa mesma ilusión e compromiso.
Só nos queda desexarlle sorte nesta nova andaina.

CB.CASELAS Junior Feminino
patrocinado por Aseguradora Integral Salceda

Cristina Pérez 15
Laura Rodríguez 16
Mireya García 16
Hanna Sánchez 15
Carmen Presa 16
Sofía Filgueira 15
Raquel Pereira    -cadete 14
Alba López    -cadete 15
Gloria Suárez    -cadete 14
Ana Presa    -cadete 14
Sophía Fernández    -cadete 14
Susana Rodríguez    -cadete 14
ENTRENADOR: Adrián Salgado / Xan Otero 30 / 32

Publicado por cbcaselas @ 22:53
Lunes, 09 de octubre de 2017

Primeiro partido e primeira alegría no camiño do CB.Caselas senior na 3ªDivisión B. O partido tivo que ir a prórroga ao rematar con empate a 62. O Caselas dominou con curtas ventaxas que para nada daban tranquilidade. O acerto na tripla dos de Salceda era respondido polos vigueses, manténdose as opcións intactas por ambos lados. Nos 5 minutos adicionais os nosos souberon estar a altura e venceron por 66-74.
Os 12 xogadores desprazados a Vigo na tarde de domingo deixaron boas sensacións. Esta victoria sen dúbida reforzará a moral do equipo de Adrián Salgado para afrontar os seguintes partidos.

Próximo partido:
Caselas - Sauces San José, o vindeiro finde no pavillón de Salceda. Todos a animar ao CB.Caselas!!!

Comezo da Liga Junior Feminina:
Tamén debutará o vindeiro finde o equipo Junior Feminino no pavillón de Salceda co Baiona. Informaremos da plantilla e calendario nos vindeiros días.


Publicado por cbcaselas @ 23:23  | CRONICAS
Jueves, 05 de octubre de 2017

Comeza a Liga de 3ªDivisión B. O CB.Caselas debuta este domingo 8 de outubro as 18:30h no Pavillón do CUVI en Vigo perante o Fisiomiño Xestas.
Aires de cambio no primeiro equipo do clube. Ata 6 caras novas e outros tantos que continúan da temporada pasada. E un home da casa que continúa ao mando da nave: Adrián Salgado. Son novidades Nico Cereceto e Bernabé Jiménez (procedentes do CB.Tui), Darío Alvarez (que regresa ao Caselas dende o Cañiza), e tres xogadores do pobo como son Jose Castro (da canteira do CB.Caselas), Javier Alonso (outro que regresa e que non xogou o ano pasado) e o noso querido secretario Fredi García (que se vestirá de corto para aportar a súa veteranía).
Dende a directiva invítase ao público a seguir os partidos e acudir ao pavillón a apoiar ao equipo.

CB.CASELAS Senior Masculino
patrocinado por Hermanos Núñez Lorenzo

Roberto Alvarez 27
Carlos Vicente 46
Toni Machado 32
Manu López 25
Xur Jorreto 25
Sergio Alonso 19
Javi Alonso 27
Nico Cereceto 22
Bernabé Jiménez 20
Jose Castro 18
Darío Alvarez 24
Alfredo García 36
ENTRENADOR: Adrián Salgado 30

Publicado por cbcaselas @ 21:27  | EQUIPOS
Martes, 03 de octubre de 2017

A directiva do CB.Caselas, presidida por Luis Suárez, ven de pechar tres patrocinadores de Salceda que axudarán nunha temporada difícil economicamente polo aumento de gastos e de equipos (sete equipos).
A correduría de seguros HERMANOS NÚÑEZ LORENZO, S.Lsituada no corazón da nosa vila, renova un ano máis como patrocinador do primeiro equipo, o Senior Masculino. Esta empresa demostra así a súa fidelidade co deporte do pobo.
ASEGURADORA INTEGRAL SALCEDA, que patrocinará ao Junior Feminino, e NATURAL GRANITE DE LEMOS ROMERO, S.L, ao Infantil Mixto, son os dous novos patrocinadores.
Agradecer publicamente o seu compromiso e axuda ao deporte da canasta do noso concello.


Publicado por cbcaselas @ 23:08