Domingo, 29 de octubre de 2017

Xa polo visto nos primeiros compases, prevíase un encontro reñido e disputado, e así foi. Os de Adrián Salgado atragantouselles a defensa en zona plantexada polos vigueses, e pese a dominar con escasas rendas, os nosos xogadores chocaban cos rochosos e veteranos xogadores visitantes. E cando intentabamos correr, rematabamos con accións precipitadas de 1c2. Pero o partido en liñas xerais foi bastante bó, especialmente no cuarto final: 41-41, 48-41, 51-51 e arreón final do Caselas cuns minutos excepcionais que provocaron o delirio do preto de medio centenar de persoas no Pavillón.
Entre os 12 xogadores participantes, debutou Jorge González "Jito". Durante o partido celebrouse o concurso "averigua o resultado", resultando vencendor o xogador premini Izan González, que acertou de pleno ao sinalar que o Caselas gañaba por 10 puntos. Na vindeira xornada descansaremos.

CATEGORÍAS BASE
En Junior Feminino nos visitaba un equipo inédito, o CB.Val de Lemos de Monforte, ao que gañamos por 59-20.
Con infarto e suspense gañaron os Premini a Miralba nun encontro propio dunha final: 44-40.
O Mini Feminino competiu moi ben con Basketgal pero acabou por ceder 36-48.
Derrotas sen concesións para o Infantil Mixto en Salesianos e o Mini Masculino en Apóstol.

Imaxes:  1) Os Preminis atentos a Claudia.  2) O Mini Feminino ao remate do partido.  3) Sofía lanza a canasta no junior perante Val de Lemos.  4) No senior, Izan averiguou o resultado e levouse esta camiseta.


Publicado por cbcaselas @ 22:28  | CRONICAS