Lunes, 23 de octubre de 2017



As dúas primeiras imaxes son do senior en Ponteareas coa súa fiel afición. As tres seguintes, as junior en Xinzo de Limia.

Encontro intenso e disputado en Ponteareas perante un bo equipo, onde o Caselas alternou momentos de bo xogo con outros de precipitación, individualismo e erros de concentración. Aínda así os minutos transcurrían cun constante tira e aflouxa por parte do Condado -que trataba de manter a ventaxa de 10 puntos- e o Caselas -que se achegaba por momentos-. E iso mantivo entretido a numerosa parroquia desprazada dende Salceda (preto de catro decenas de animosos afecionados), sempre ao lado dos de Adrián Salgado.
Na vindeira semana recibimos en Salceda ao veterano Rodaballo de Vigo. Alí estaremos.
C.B.CASELAS (57): Sergio 6, Xur 6, Darío 17, Toni 0, Berna 8. QUINTETO. Javi 0, Fredi 0, Rober 1, Manu 10, Jose 0, Nico 9.
Sinalar que o Jorge González "Jito", de 29 anos, é novo xogador do equipo. Jito, que xa xogou na temporada pasada, non debutou en Ponteareas, pero estará a disposición para os seguintes partidos. Benvido.

AS JUNIOR GAÑAN EN XINZO DE LIMIA.
No debut na 2ºDivisión Junior Feminina, as de Adrián e Xan gañaron ao AB.Xinzo por 52-56, nun encontro con dous equipos moi semellantes onde calqueira poido gañar. As de Salceda -coas baixas de Mireya e Alba- complicáronse nos 3 últimos minutos onde perdían de 6 puntos; pero nuns minutos finais moi bos, invertiron o marcador para levarse o triunfo.
O Infantil Mixto debutaba con derrota en Salceda con Defensores do Morrazo por 19-63.


Publicado por cbcaselas @ 23:10  | CRONICAS