Lunes, 16 de octubre de 2017

Dúas xornadas de liga e dúas prórrogas para o Caselas, aínda que esta vez tocou cruz. Os nosos xogaron un partido bó en liñas xerais, cun marcador sempre moi axustado, pero fallamos un pouco en defensa e no tiro libre, onde non estivemos moi concentrados.
Na segunda parte do partido, os vigueses acadaron 10 puntos de ventaxa, que foron neutralizados polo Caselas empurrados por un gran público, ata chegar ao empate a 61 que nos mandaba á prórroga. Logo, cometemos os errores dos que falabamos e perdonamos para ceder polos 3 puntos finais.
Destacar e agradecer aos preto dun cento de animosos afecionados (moi de agradecer) e a implicación dos 12 xogadores do plantel dirixidos por Adrián.
Próxima semana derbi comarcal en Ponteareas perante o CB.Condado.


Publicado por cbcaselas @ 14:35  | CRONICAS