Mi?rcoles, 11 de octubre de 2017

O CB.Caselas junior feminino debutará nunha interesante liga de 2ªDivisión composta por 7 equipos do sur de Pontevedra e de Ourense.
Na primeira fase xogan todos contra todos a doble volta. Na segunda fase haberá cruces: os 4 primeiros clasificados xogarán as semifinais polo título (1ºvs4º / 2ºvs3º). O resto xogarán os postos 5º a 7º nunha liguiña a unha volta.
Os equipos son: RC.Celta Bosco, Salesianos Vigo, Baiona, Campus Ourense, Xinzo de Limia, Val de Lemos de Monforte e CB.Caselas.
O Caselas terá que esperar a segunda xornada de liga para debutar nun longo desprazamento a Xinzo de Limia, xa que na primeira a disputar este 14 outubro, quedou aprazado o partido contra Baiona.
O plantel fórmano 12 xogadoras: 6 aínda en idade cadete e outras 6 junior de primeiro ano. O equipo está formado na súa maioría por xogadoras formadas nas EDM.de Salceda dende que eran pequenas. Excepto Sofía Filgueira, que é a única incorporación, o resto proceden do equipo cadete. Ao mando Adrián Salgado e Xan Otero, que continúan coa mesma ilusión e compromiso.
Só nos queda desexarlle sorte nesta nova andaina.

CB.CASELAS Junior Feminino
patrocinado por Aseguradora Integral Salceda

Cristina Pérez 15
Laura Rodríguez 16
Mireya García 16
Hanna Sánchez 15
Carmen Presa 16
Sofía Filgueira 15
Raquel Pereira    -cadete 14
Alba López    -cadete 15
Gloria Suárez    -cadete 14
Ana Presa    -cadete 14
Sophía Fernández    -cadete 14
Susana Rodríguez    -cadete 14
ENTRENADOR: Adrián Salgado / Xan Otero 30 / 32

Publicado por cbcaselas @ 22:53