Lunes, 09 de octubre de 2017

Primeiro partido e primeira alegría no camiño do CB.Caselas senior na 3ªDivisión B. O partido tivo que ir a prórroga ao rematar con empate a 62. O Caselas dominou con curtas ventaxas que para nada daban tranquilidade. O acerto na tripla dos de Salceda era respondido polos vigueses, manténdose as opcións intactas por ambos lados. Nos 5 minutos adicionais os nosos souberon estar a altura e venceron por 66-74.
Os 12 xogadores desprazados a Vigo na tarde de domingo deixaron boas sensacións. Esta victoria sen dúbida reforzará a moral do equipo de Adrián Salgado para afrontar os seguintes partidos.

Próximo partido:
Caselas - Sauces San José, o vindeiro finde no pavillón de Salceda. Todos a animar ao CB.Caselas!!!

Comezo da Liga Junior Feminina:
Tamén debutará o vindeiro finde o equipo Junior Feminino no pavillón de Salceda co Baiona. Informaremos da plantilla e calendario nos vindeiros días.


Publicado por cbcaselas @ 23:23  | CRONICAS