Comeza a Liga de 3ªDivisión B. O CB.Caselas debuta este domingo 8 de outubro as 18:30h no Pavillón do CUVI en Vigo perante o Fisiomiño Xestas.
Aires de cambio no primeiro equipo do clube. Ata 6 caras novas e outros tantos que continúan da temporada pasada. E un home da casa que continúa ao mando da nave: Adrián Salgado. Son novidades Nico Cereceto e Bernabé Jiménez (procedentes do CB.Tui), Darío Alvarez (que regresa ao Caselas dende o Cañiza), e tres xogadores do pobo como son Jose Castro (da canteira do CB.Caselas), Javier Alonso (outro que regresa e que non xogou o ano pasado) e o noso querido secretario Fredi García (que se vestirá de corto para aportar a súa veteranía).
Dende a directiva invítase ao público a seguir os partidos e acudir ao pavillón a apoiar ao equipo.
CB.CASELAS Senior Masculino |
|
Roberto Alvarez | 27 |
Carlos Vicente | 46 |
Toni Machado | 32 |
Manu López | 25 |
Xur Jorreto | 25 |
Sergio Alonso | 19 |
Javi Alonso | 27 |
Nico Cereceto | 22 |
Bernabé Jiménez | 20 |
Jose Castro | 18 |
Darío Alvarez | 24 |
Alfredo García | 36 |
ENTRENADOR: Adrián Salgado | 30 |