Martes, 03 de octubre de 2017

A directiva do CB.Caselas, presidida por Luis Suárez, ven de pechar tres patrocinadores de Salceda que axudarán nunha temporada difícil economicamente polo aumento de gastos e de equipos (sete equipos).
A correduría de seguros HERMANOS NÚÑEZ LORENZO, S.Lsituada no corazón da nosa vila, renova un ano máis como patrocinador do primeiro equipo, o Senior Masculino. Esta empresa demostra así a súa fidelidade co deporte do pobo.
ASEGURADORA INTEGRAL SALCEDA, que patrocinará ao Junior Feminino, e NATURAL GRANITE DE LEMOS ROMERO, S.L, ao Infantil Mixto, son os dous novos patrocinadores.
Agradecer publicamente o seu compromiso e axuda ao deporte da canasta do noso concello.


Publicado por cbcaselas @ 23:08