Martes, 26 de septiembre de 2017

Xa queda moi pouco para ver o novo CB.Caselas senior masculino. O vindeiro 7-8 de outubro comeza a 3ª División B, onde os xogadores de Adrián Salgado xogarán unha liga de 7 equipos a doble volta, xunto a Fisiomiño Xestas (Vigo), Sauces San José (Vigo), Rodaballo (Vigo), Redondela, Mos e Central Eléctrica Sestelo de Ponteareas. O campión e subcampión de liga ascenden a 3ª División.
Logo desta primeira fase, o 1º, 2º e 3º xogarán cos situados nos mesmos postos de Arousa (norte de Pontevedra) outra nova liguiña a unha volta polo título provincial. Igualmente, o 4º, 5º, 6º e 7º xogarán no mesmo sistema polos últimos postos.
O CB.Caselas visita na primeira xornada ao Fisiomiño Xestas vigués. Na segunda xornada debutaremos en Salceda con Sauces San José. Esperamos o apoio do noso público nesta nova andaina.
O calendario de liga está dispoñible no Menú Principal desta web en Competicións.


Publicado por cbcaselas @ 21:50
Domingo, 24 de septiembre de 2017

Tarde de sábado expléndida de tempo e ambiente de básquet no corazón do pobo. A praza do Concello de Salceda acolleu esta nova edición, con moitos [email protected] co balón nas mans e o gran traballo dos técnicos e directivos do CB.Caselas.


Publicado por cbcaselas @ 14:16  | TORNEOS E ACTOS
Mi?rcoles, 20 de septiembre de 2017

Por undécimo ano consecutivo, o C.B.Caselas saca o baloncesto as rúas do pobo. Se tes entre 6 e 12 anos e queres divertirte con este deporte....alí te esperamos.


Publicado por cbcaselas @ 22:22  | TORNEOS E ACTOS
S?bado, 02 de septiembre de 2017