Martes, 26 de septiembre de 2017

Xa queda moi pouco para ver o novo CB.Caselas senior masculino. O vindeiro 7-8 de outubro comeza a 3ª División B, onde os xogadores de Adrián Salgado xogarán unha liga de 7 equipos a doble volta, xunto a Fisiomiño Xestas (Vigo), Sauces San José (Vigo), Rodaballo (Vigo), Redondela, Mos e Central Eléctrica Sestelo de Ponteareas. O campión e subcampión de liga ascenden a 3ª División.
Logo desta primeira fase, o 1º, 2º e 3º xogarán cos situados nos mesmos postos de Arousa (norte de Pontevedra) outra nova liguiña a unha volta polo título provincial. Igualmente, o 4º, 5º, 6º e 7º xogarán no mesmo sistema polos últimos postos.
O CB.Caselas visita na primeira xornada ao Fisiomiño Xestas vigués. Na segunda xornada debutaremos en Salceda con Sauces San José. Esperamos o apoio do noso público nesta nova andaina.
O calendario de liga está dispoñible no Menú Principal desta web en Competicións.


Publicado por cbcaselas @ 21:50