Aquí tedes dous vídeos da Liga dos Insectos 16-17 celebrada en xuño e destinada a todos os [email protected] de minibasket do clube. O primeiro vídeo é unha versión curta e o segundo máis longa e completa. Disfrutade que paga a pena.
VERSIÓN CURTA:
VERSIÓN LONGA:
Gran ambiente de basket nesta primeira edición do "3x3 Insectos" organizado polo CB.Caselas. Dende primeiras horas da mañán do sábado coas categorías base, e ata a noitiña cos senior, preto de 12 horas de diversión, cordialidade, compeñeirismo e espectáculo.
Minibasket
Reñidísima final, que tivo que decidirse dende o tiro libre entre o Equipo C (vencedor) e o Equipo A.
Clasificación: 1º Equipo C 2º Equipo A 3º Equipo D 4º Equipo B.
Infantil
Os rapaces de The Fasters venceron na final ás rapazas de Las Gigantes.
Clasificación: 1º The Fasters 2º Las Gigantes 3º Las Marujas 4º 4-0.
Senior
Bó nivel no torneo senior con xogadores chegados dende distintos puntos do sur provincial, ademáis dos xogadores locais.
Clasifícanse para a gran final Los Sobaos e Maccabi de Levantar, que venceron en semifinais a Toblerone Team e a Equipo C respectivamente. Na Final, Los Sobaos acada o título ao vencer a Maccabi de Levantar por 11-10. No 3º/4º posto Equipo C venceu no desempate dende o tiro libro a Toblerone Team por 10-9, logo de rematar o tempo regulamentario con empate a 9.
Clasificación: 1º Los Sobaos 2º Maccabi de Levantar 3º Equipo C 4º Toblerone Team 5º Los Viejóvenes 6º 23 7º Enigma 8º Generación 70.
AGRADECEMENTOS
- Ao Concello de Salceda de Caselas e a tenda de deportes The Basketball Player.
- As nosas rapazas junior. Gran labor facendo de mesas e outras funcións!!!
- Aos compañeiros da organización e outras persoas. Bocadillos, augas, cantina, arbitraxes, trofeos....Grandes!!!
- A todos vós participantes.