Sábado intensísimo de baloncesto para pechar a temporada.
As 8:45 da mañán partía o Premini "A" de Manolo con 12 xogadores cara a Pontevedra na disputa do "I Torneo de Minibasket do Estudiantes". Alí atopámonos cos equipos máis fortes da capital provincial, acadando unha victoria e tres derrotas, que nos serve moi ben de experiencia para comprobar a esixencia deste deporte. Agradecer ao clube local Estudiantes de Pontevedra o seu bó trato.
Xa pola tarde e cunha calor sofocante no Pavillón de Salceda, disputouse o "Torneo Cadete Feminino de Salceda", en formato triangular todos contra todos. Todos os presentes desfrutamos principalmente pola gran cordialidade e gran igualdade que houbo entre os 3 equipos, poidendo calquera levarse o título. Basta dicir que ningún equipo gañou por máis de cinco puntos. No primeiro encontro o Caselas perdeu co Nigrán por 35-38. Logo Nigrán vencía a Meco O Grove por 49-44. Finalmente o Caselas perdía co Meco 37-39, cunha tripla no último segundo das do Grove que lles daba a victoria e o segundo posto.
Xa rematadas todas as ligas, dous torneos para este sábado 17 de xuño.
TORNEO DE SALCEDA (Cadete Feminino)
Pavillón de Salceda. Dende as 16:00h.
16:00h-- CASELAS-NIGRÁN
17:30h-- NIGRÁN-MECO O GROVE
19:00h-- CASELAS-MECO O GROVE
Ao remate entrega de trofeos e foto de grupo.
TORNEO DE PONTEVEDRA (Premini)
Instituto da Xunqueira en Pontevedra. Dende as 10:15h.
10:15h-- CASELAS-CAB.PONTEVEDRA MASC.
11:00h-- CAB.PONTEVEDRA FEM.-CASELAS
12:00h-- CASELAS-ESTUDIANTES 2
12:45h-- CASELAS-ESTUDIANTES 1
Ao remate entrega de trofeos e despedida.
O pasado domingo 11 de xuño pechamos o telón desta segunda edición dos "insectos", que a xuzgar por todos, foi un éxito de participación e público. Os nosos pequenos xogaron as finais e as nais e pais tiveron o seu partidiño onde cada canasta era celebrada como se de unha final se tratase. Rematamos coa entrega de medallas cedidas polo Concello de Salceda.
Agradecer a todo o persoal de clube a súa grande implicación.
No plano deportivo, as Libélulas quedaron campeóns ao gañar nunha bonita final as Arañas. Pero isto era o de menos neste torneo onde gañou todo o minibasquet de Salceda.
5º-6ºposto: ABELLLAS 59 VACALOURAS 28
3º-4ºposto: SALTAMONTES 51 PIOLLOS 30
Final: LIBÉLULAS 50 ARAÑAS 37
Este DOMINGO 11 de xuño a partir das 10:30 no pavillón, finais da II Liga dos Insectos, partido de pais/nais e clausura con entrega de medallas. Logo de varios días de intensa loita por parte dos rapaces, os enfrontamentos son os seguintes:
10:30h | 5º-6ºposto | VACALOURAS - ABELLAS |
3º-4ºposto | PIOLLOS - SALTAMONTES | |
12:00h | Final | ARAÑAS - LIBÉLULAS |
Prato forte na II Liga dos Insectos na tarde de sábado 3 de xuño, con partidos, all star, vídeos, entrevistas, e, para rematar, un espectacular concerto que fixo as delicias do numeroso público. Unha tarde para o recordo que os rapaces e adultos desfrutaron a tope. Aquí tedes as imaxes do acontecido nesta primeira semana. Pero aínda queda máis......