Domingo, 18 de junio de 2017

Sábado intensísimo de baloncesto para pechar a temporada.
As 8:45 da mañán partía o Premini "A" de Manolo con 12 xogadores cara a Pontevedra na disputa do "I Torneo de Minibasket do Estudiantes". Alí atopámonos cos equipos máis fortes da capital provincial, acadando unha victoria e tres derrotas, que nos serve moi ben de experiencia para comprobar a esixencia deste deporte. Agradecer ao clube local Estudiantes de Pontevedra o seu bó trato.

Xa pola tarde e cunha calor sofocante no Pavillón de Salceda, disputouse o "Torneo Cadete Feminino de Salceda", en formato triangular todos contra todos. Todos os presentes desfrutamos principalmente pola gran cordialidade e gran igualdade que houbo entre os 3 equipos, poidendo calquera levarse o título. Basta dicir que ningún equipo gañou por máis de cinco puntos. No primeiro encontro o Caselas perdeu co Nigrán por 35-38. Logo Nigrán vencía a Meco O Grove por 49-44. Finalmente o Caselas perdía co Meco 37-39, cunha tripla no último segundo das do Grove que lles daba a victoria e o segundo posto.


Publicado por cbcaselas @ 23:44  | TORNEOS E ACTOS