Mi?rcoles, 31 de mayo de 2017


Despois dunha primeira fase de liga moi dura onde as nosas rapazas remataron con 3 victorias en 12 partidos, nin os máis optimistas apostaban por unha segunda fase que podemos calificar de sobresainte.
Claro que hai que aclarar que o noso equipo Cadete Feminino xogaba polos postos finais 9º a 14º, pero iso non serve de excusa para que as de Adrián e Xan asinaran 10 victorias noutros tantos partidos. Sensacionais!!!
As claves do éxito están no traballo, ilusión e compromiso deste extenso grupo de xogadoras -mixtura de infantiles e cadetes- que, na maioría dos casos, levan anos defendendo ao noso clube. Todo elo co apoio do patrocinador SUMINISTROS PORRIÑO. Grazas.
Agora toca planificar a vindeira temporada. Pero de momento, a desfrutar. Felicitacións!!!


Publicado por cbcaselas @ 23:20
Jueves, 25 de mayo de 2017

Voltamos cunha nova edición co minibasquet de protagonista. Promete unha liga de altos vuelos.......


Publicado por cbcaselas @ 14:36  | LIGA DOS INSECTOS
Mi?rcoles, 24 de mayo de 2017

Con estos dous partidos, todos os equipos do clube rematan a temporada 16/17. Agora preparados que chegan os insectos e outras sorpresas!!!!
Cadete Fem:  LOS SAUCES - CASELAS
Venres 26 //  19:30h. //  Colexio San José La Guía -Vigo.
Mini:  AIREXA NIGRÁN - CASELAS
Sábado 27 //  18:00h. //  Colexio de Panxón.


Publicado por cbcaselas @ 17:52
Lunes, 22 de mayo de 2017

Equipos Premini "A" e "B" do CB.Caselas EDM, todo un gran futuro.

Rematou o fin de semana de 20 e 21 de maio co minibasket de protagonistas, xa que houbo 4 partidos de liga.
Premini B: TUI B 55 CASELAS B 26
Os máis peques non tiveron o seu día a pesar de intentalo. Deste xeito os de Martín rematan a liga.
Premini A: CASELAS A 41 DEFENSORES DO MORRAZO 47 // CASELAS A 49 NOVOBASKET VIGO 51
Bos partidos do premini A (domingo e luns) perante dous equipos que se xogan o título de liga. Non houbo premio a pesar do gran esforzo e actitude dos rapaces, especialmente no partido contra Novobasket, que perdían 31-46 ao inicio do sexto periodo. A gran reacción dos nosos peques puxo un 49-51 e recuperación de balón a falla de dous segundos para o remate. Logo dun tempo morto de Manolo, o lanzamento final non quixo entrar. O premini A remata a liga.
Mini: CASELAS 48 DIVINO SALVADOR 46
Outro gran partido onde sí houbo premio. Os de Adrián perdían de 2 a falla de 5 segundos con canasta de David Groba no segundo final que nos leva a prórroga. Ahí os nosos foron máis resolutivos. Na vindeira xornada rematan a liga en Nigrán perante Airexa.


Publicado por cbcaselas @ 23:43

No medio dun gran ambiente, celebramos o día das Letras Galegas a segunda edición deste torneo destinado aos máis pequenos do basquet. E os peques non defraudaron a nadie. Correron a por cada balón, saltaron a cada rebote, traballaron......baloncesto en estado puro!!
Agradecer a labor altruista de todo o persoal do noso clube: xogadores da base, entrenadores, directiva e outro persoal que se esforzaron para que todo saíra ben.
Estudiantes de Pontevedra proclamouse campéon logo de vencer na final a Basketdeza Lalín por 57-38. O Caselas "B" quedou terceiro ao vencer nun reñidísimo encontro a Baiona por 36-35. No 5º e 6º posto, Caselas "A" venceu a Nigrán por 66-22.

1ªfase:
GRUPO A:  1ºEstudiantes   2ºBaiona   3ºCaselas "A"
GRUPO B:  1ºBasketdeza   2ºCaselas "B"   3ºNigrán

2ªfase:
5º-6ºposto: Caselas "A" 66 Nigrán 22
3º-4ºposto: Caselas "B" 36 Baiona 35
Final: Estudiantes 57 Basketdeza 38


Publicado por cbcaselas @ 0:01  | TORNEOS E ACTOS
Jueves, 18 de mayo de 2017

Destacar a doble xornada de domingo e luns para o Premini A de Manolo, que deste xeito rematan a liga. Tamén remata o Premini B de Martín, que xoga en Tui. O Mini de Adrián xoga o sábado en Salceda. Sorte a todos!!!!

II Torneo Benxamín de Salceda.
Nos vindeiros días publicaremos toda a información do exitoso torneo. Tamén estará no facebook.

CATEGORÍA PARTIDO LUGAR DATA / HORA
Senior Masc. Fin de temporada
------
------
Cadete Fem. Descansa
------
------
Infantil Mixto

Fin de temporada

------

------

Mini Mixto CASELAS - DIVINO SALVADOR Pavillón de Salceda Sábado 20 / 10:00
Premini "A"

CASELAS - DEFENSORES MORRAZO

CASELAS - NOVOBASKET VIGO

Pavillon de Salceda

Pavillón de Salceda

Domingo 21 / 12:00

Luns 22 / 18:30

Premini "B" TUI "B" - CASELAS "B"
Pavillón de Tui
Sábado 20 / 10:00

Publicado por cbcaselas @ 10:57
Domingo, 14 de mayo de 2017
CASELAS (55): Hedber 6, Carlos Vicente 7, Carlos Núñez 7, Toni, Lucas. QUINTETO. Sergio 17, Santi 4, Rober 4, Jito 10.
Parciais: 18-12 / 14-23 / 14-15 / 17-5.
Incidencias: Remate da temporada para o senior do Caselas no colexio Apóstol de Vigo.

Encontro moi físico, con excesivo contacto. No primeiro cuarto estivemos fríos, non moi metidos no xogo. Reaccionamos logo, con ventaxas no marcador e 46-50 encarando o periodo final. Pero ahí pagamos o cansanzo e a precipitación, que nos fixo perder moitos balóns. Destacar a correcta actitude dos xogadores salcedenses.
Con esta derrota, remata a participación na Copa nunha temporada difícil que nos debe levar á reflexión. Agradecer a todos os implicados e ao patrocinador Hermanos Núñez Lorenzo S.L.  Arriba Caselas!!!

CATEGORÍAS BASE:
Bastantes alegrías neste tramo final de campaña, con equipos moi enchufados.
Cadete Fem: CASELAS 57 MIRALBA 35
Infantil Mixto: CASELAS 48 AIREXA NIGRÁN 9
Premini A: COLEXIO MARIANO 42 CASELAS 23
Premini B: CASELAS 46 AIREXA NIGRÁN 30


Publicado por cbcaselas @ 21:06  | CRONICAS
Mi?rcoles, 10 de mayo de 2017

Entramos en mediados de maio e, tanto Senior como Infantil, rematan a temporada este fin de semana. Temos interesantísimos encontros para desfrutar. Ah!....e xa comezamos mañan xoves cos infantiles en Salceda, que teñen doble xornada.

CATEGORÍA PARTIDO LUGAR DATA / HORA
Senior Masc. APÓSTOL - CASELAS Colexio Apóstol -Vigo Sábado 13 / 18:00
Cadete Fem. CASELAS - MIRALBA Pavillón de Salceda Domingo 14 / 12:00
Infantil Mixto

CASELAS - AIREXA NIGRÁN

ANDERSEN - CASELAS

Pavillón de Salceda

Colexio Salesianos -Vigo

Xoves 11 / 18:45

Domingo 14 / 10:00

Mini Mixto CASELAS - DIVINO SALVADOR -APRAZADO- ------
Premini "A" COLEX.MARIANO - CASELAS Colexio Marcote -Vigo Sábado 13 / 12:00
Premini "B" CASELAS - AIREXA NIGRÁN Pavillón de Salceda
Domingo 14 / 10:00

Publicado por cbcaselas @ 21:49
Martes, 09 de mayo de 2017
CASELAS (48): Toni 6, Santi 4, Lucas 2, Carlos Núñez 8, Rober 0. QUINTETO. Carlos Vicente 3, Hedber 11, Iago 5, Sergio 6, Manu 2, Jito 0.
Parciais: 11-14 / 9-12 / 10-18 / 18-14.
Incidencias: Pavillón de Salceda, con unha treintena de afecionados. A falta dunha xornada para o remate desta liguilla do grupo A de Copa, o Caselas xa non ten opcións.

Outra vez máis do mesmo. O noso equipo senior fixo un partido irregular, con moitos lanzamentos errados (en ocasións moi precipitados) e falta de actitude nalgúns momentos. Iso foi aproveitado polo xovencísimo equipo vigués, máis metido no partido.
A pesar de todo, os de Adrián Salgado -como noutras ocasións- sempre tiveron fe na victoria e nunca deixaron que o rival rompese o encontro. Con este argumento, chegamos ao minuto final con só 3 puntos de desventaxa. Pero a falta de acerto cara o aro volta a ser un lastre, e Novobasket sentencia dende o tiro libre.
O vindeiro fin de semana remata a participación do CB.Caselas na cancha do Apóstol de Vigo, un recén ascendido a 3ªdivisión. Arriba Caselas!!!

CATEGORÍAS BASE:
Dous equipos seguen a súa gran progresión e sumaron importantes victorias. As Cadetes venceron en Baiona por 30-55, con gran implicación e compromiso das 12 xogadoras. O Mini venceu no derbi en Ponteareas por 20-29, nun encontro de defensas. No outro partido da xornada, o Premini B xogaba tamén en Ponteareas sen acadar un resultado positivo.

CARREIRA CORREXSALCEDA:
O pasado domingo celebrouse con grande éxito unha nova edición. Dende estas liñas queremos agradecer a todos os colaboradores do noso clube que se implicaron desinteresadamente.  Sen dúbida unha grande labor que hai que recoñecer.


Publicado por cbcaselas @ 14:35  | CRONICAS
Lunes, 01 de mayo de 2017

No único partido do clube este finde, o noso equipo Cadete Feminino venceu en Vigo ao Apóstol por 42-60 e segue líder desta segunda fase con 7 victorias noutros tantos partidos. As rapazas de Adrián e Xan están traballando moi ben, de ahí estes resultados. Norabaoa!!!


Publicado por cbcaselas @ 1:50