Martes, 09 de mayo de 2017
CASELAS (48): Toni 6, Santi 4, Lucas 2, Carlos Núñez 8, Rober 0. QUINTETO. Carlos Vicente 3, Hedber 11, Iago 5, Sergio 6, Manu 2, Jito 0.
Parciais: 11-14 / 9-12 / 10-18 / 18-14.
Incidencias: Pavillón de Salceda, con unha treintena de afecionados. A falta dunha xornada para o remate desta liguilla do grupo A de Copa, o Caselas xa non ten opcións.

Outra vez máis do mesmo. O noso equipo senior fixo un partido irregular, con moitos lanzamentos errados (en ocasións moi precipitados) e falta de actitude nalgúns momentos. Iso foi aproveitado polo xovencísimo equipo vigués, máis metido no partido.
A pesar de todo, os de Adrián Salgado -como noutras ocasións- sempre tiveron fe na victoria e nunca deixaron que o rival rompese o encontro. Con este argumento, chegamos ao minuto final con só 3 puntos de desventaxa. Pero a falta de acerto cara o aro volta a ser un lastre, e Novobasket sentencia dende o tiro libre.
O vindeiro fin de semana remata a participación do CB.Caselas na cancha do Apóstol de Vigo, un recén ascendido a 3ªdivisión. Arriba Caselas!!!

CATEGORÍAS BASE:
Dous equipos seguen a súa gran progresión e sumaron importantes victorias. As Cadetes venceron en Baiona por 30-55, con gran implicación e compromiso das 12 xogadoras. O Mini venceu no derbi en Ponteareas por 20-29, nun encontro de defensas. No outro partido da xornada, o Premini B xogaba tamén en Ponteareas sen acadar un resultado positivo.

CARREIRA CORREXSALCEDA:
O pasado domingo celebrouse con grande éxito unha nova edición. Dende estas liñas queremos agradecer a todos os colaboradores do noso clube que se implicaron desinteresadamente.  Sen dúbida unha grande labor que hai que recoñecer.


Publicado por cbcaselas @ 14:35  | CRONICAS