Lunes, 24 de abril de 2017

O domingo 7 de maio en horario de mañan, celebrarase a V edición da carreira popular "CorreXSalceda". Como outros anos, dende o Concello de Salceda se nos pide colaboración para ser voluntario. O traballo consiste, entre outros, en vixiar os cruces. Pode anotarse quen queira maiores de idade. Se podedes axudar, avisade canto antes ao voso entrenador ou no teléfono do clube 651365050 (Luis). A vosa axuda é moi importante. Máis info da carreira en www.edmsalceda.es/correxsalceda


Publicado por cbcaselas @ 23:18
CASELAS (51): Lucas 2, Carlos Núñez 9, Hedber 10, Carlos Vicente 11, Rober 6, Iago 0, Jito 6, Toni 0, Sergio 7, Manu 0.
Parciais: 6-13 / 15-19 / 13-8 / 17-15.
Incidencias: Primeiro partido da Copa Primavera xogado no Pavillón de Salceda, con moi frouxa entrada, algo máis de unha veintena de afecionados nunha tarde de moita calor. A gran nova é que reaparecía o noso base Carlos Núñez, logo de varios meses apartado das canchas por lesión.

Estivo a piques o Caselas de acadar a victoria perante o terceiro clasificado da liga. Os de Adrián Salgado souberon levantarse logo dun pésimo primeiro cuarto e, pese a ir a remolque todo o encontro con diferenzas de máis de 10 puntos, nunca baixaron os brazos. De feito, na segunda metade o marcador parcial foi para nós 30-23, e a falla de poucos segundos para o remate nos puxemos a dous puntos. Ao final, a remontada non foi posible, pero o esforzo dos xogadores é para destacar.
A vindeira semana non haberá liga pola ponte do 1 de maio. Voltaremos a xogar en casa dentro de dúas semanas perante o Novobasket Vigo.

CATEGORÍAS BASE:
Cadete Fem: PORRIÑO "B" 31 CASELAS 45
Mini Mixto: CASELAS 45 GARCÍA BARBÓN 32
Premini "A": DEFENSORES MORRAZO 49 CASELAS 36
Premini "B": CASELAS "B" 30 TUI "B" 65
-- Como anécdota da xornada, destacar o canastón dende medio campo da cadete Laura Rodríguez no último segundo de partido en Porriño. Grande Laura!!!!  Grande equipo!!!

FINAL LIGA ESPAÑOLA FEMININA:
Para os/as amantes do basket feminino de nivel, este mércores 26 abril as 21:00h en Teledeporte, primeiro partido da Liga Española Feminina entre o Perfumerías Avenida de Salamanca e o Girona. A serie xógase ao mellor de tres partidos.


Publicado por cbcaselas @ 23:10  | CRONICAS
Viernes, 14 de abril de 2017

O CB.Caselas senior masculino inscribiuse na Copa Primavera, na que é campeón os dous últimos anos. A empresa é moi difícil, pero ahí están os de Adrián Salgado para competir.
Hai 4 grupos. O Caselas está no A. Logo dunha liguilla a unha volta, o primeiro de cada grupo pasa a Semifinais. 

CALENDARIO:
23 abril: CASELAS - VIGO 90'S
07 maio: CASELAS - NOVOBASKET VIGO
14 maio: APÓSTOL - CASELAS
21 maio: semifinais ida
28 maio: semifinais volta
04 xuño: final ida
11 xuño: final volta.


Publicado por cbcaselas @ 23:52
Jueves, 13 de abril de 2017

O minibasquet levou o nome de Salceda e do Clube por parte da xeografía galega. O domingo 9 o Mini e Premini B no I Torneo de Teo. E o día seguinte o Premini A no III Torneo Basket Sen Barreiras de Nigrán.
A gran implicación dos nosos [email protected], nais e pais, entrenadores (Martín, Adrián, Toni e Manolo) e os organizadores dos torneos, fixeron que fora un éxito.
 
Arriba: Mini e Premini B coas súas medallas en Teo.
Abaixo: Premini A coas súas medallas en Nigrán.


Arriba: Os Mini concentrados e atentos as explicacións de Adrián.
Abaixo: Os Premini B co seu merecidísimo premio.
 


Arriba: O Premini A no salto inicial do partido en Nigrán perante Escultor Acuña.
Abaixo: Premini A: non todo é baloncesto.....


Publicado por cbcaselas @ 0:12  | TORNEOS E ACTOS
Lunes, 10 de abril de 2017
CASELAS (41): Lucas 6, Rober 0, Toni 0, Sergio 5, Manu 2. QUINTETO. Hedber 6, Carlos Vicente 18, Jito 4.
Parciais: 5-21 / 7-19 / 21-9 / 8-23.
Incidencias: Último partido de liga xogado no Pavillón de Salceda, coa entrada máis frouxa da temporada.

O líder desta liga demostrou a súa condición en Salceda e sentenciou no primeiro cuarto a un Caselas desmotivado, falto de actitude e con moitas baixas. Así no primeiro tempo os nosos nin defendían nin creaban perigo en ataque e o electrónico marcaba un elocuente 12-40 ao descanso. Isto fixo reflexionar aos nosos, que apretaron un chisco en defensa e entonáronse en ataque co veterano Carlos como referente con cinco triplas. O parcial deste terceiro cuarto 21-9 invitaba, canto menos, ao optimismo. No cuarto final, aínda que lle puxemos certas ganas, non estivemos nada acertados.
Agora o equipo xogará a Copa Primavera, despois da semana santa. Arriba Caselas!!!! 


Publicado por cbcaselas @ 0:05  | CRONICAS
Mi?rcoles, 05 de abril de 2017

O Senior Masculino remata a liga este sábado en Salceda recibindo ao líder U.R.E.C.A.
Os demáis equipos non teñen liga neste inicio de Semana Santa, pero sí torneos. A desfrutar equipos!!!!

Senior Masculino:  CASELAS - U.R.E.C.A.
Sábado 8 as 6 da tarde no Pavillón de Salceda.

Premini "B" e Mini:  I TORNEO CONCELLO DE TEO
Domingo 9 dende as 11:00h no Pavillón de Os Tilos -Teo (A Coruña).
Saída en bus dende Salceda as 9:00h e regreso sobre as 19:30h.
- Premini "B": xogan dende as 12:00 un total de 4 partidos perante Galogrín, A Estrada, Compañía María e Marín.
- Mini: xogan dende as 11:00 un total de 4 partidos perante Galogrín, Marín, A Estrada e fase final.

Premini "A":  III TORNEO BASKET SEN BARREIRAS DE NIGRÁN
Luns 10 dende as 18:15h no Pavillón do Colexio de Panxón.
Saída dende Salceda as 17:00h e regreso sobre as 20:30h.
- Xogan 4 minipartidos perante Obradoiro, Seis Nadal "B", Nigrán e Escultor Acuña.


Publicado por cbcaselas @ 23:48
Martes, 04 de abril de 2017

O pasado venres 31 de marzo preto de medio centenar de xogadores e afecionados do Caselas viaxaron a Pazo dos Deportes de Ourense para presenciar basquet de LEB Oro. O Ourense gañou ao Burgos por 62-58 e a expedición salcedense disfrutou da experiencia. Aquí unhas imaxes. Fixádevos na cuarta foto, o pivot Fran Guerra (24 anos e 2,14m) facendo un selfie coa nosa base. E na última foto a mascota "Lobo" tamén cos nosos. Tedes máis no facebook do noso clube.
 
 
 
 
 


Publicado por cbcaselas @ 23:10  | TORNEOS E ACTOS
Lunes, 03 de abril de 2017
CASELAS (33): Lucas 6, Hedber 9, Santi 6, Manu 5, Carlos Vicente 5, Sergio 2, Jito, Toni e Rober.
Parciais: 28-11 / 20-8 / 17-7 / 14-7.
Incidencias: Penúltima xornada de liga desputada o domingo a tarde no Pavillón Universitario de Vigo.

Monólogo total dos locais perante un abatido e descentrado Caselas. A diferenza final de puntos xustifica a victoria dos colíderes, que dominan claramente esta 3ªDivisión xunto co líder URECA. Precisamente o URECA será o noso rival a vindeira semana no remate da liga. Arriba Caselas!!!

CATEGORÍAS BASE:
Dous equipos do CB.Caselas/EDM.Salceda tomaron o protagonismo neste finde.
Por un lado o Infantil Mixto de Xan que lograba a primeira victoria da temporada ao vencer ao Airexa Nigrán por 37-43. Unha victoria que acariciaban dende hai tempo e que supón un premio.
Por outro lado o Cadete Feminino de Adri e Xan, que coa victoria perante Los Sauces por 48-18 rematan a primeira volta líderes invictas no seu grupo (5 de 5).
No resto da xornada, o Mini Mixto gañaba en Compañía de María 21-47 e caían derrotados os Preminis A e B: Caselas A 12 Colexio Mariano 63 / Airexa Nigrán 38 Caselas B 34).

Nas imaxes, o Infantil Mixto (patrocinado por TEIMPORTA) e as Cadetes (SUMINISTROS PORRIÑO) ao remate do partido. Grandes!!!!
 
 


Publicado por cbcaselas @ 23:39  | CRONICAS