Lunes, 24 de abril de 2017
CASELAS (51): Lucas 2, Carlos Núñez 9, Hedber 10, Carlos Vicente 11, Rober 6, Iago 0, Jito 6, Toni 0, Sergio 7, Manu 0.
Parciais: 6-13 / 15-19 / 13-8 / 17-15.
Incidencias: Primeiro partido da Copa Primavera xogado no Pavillón de Salceda, con moi frouxa entrada, algo máis de unha veintena de afecionados nunha tarde de moita calor. A gran nova é que reaparecía o noso base Carlos Núñez, logo de varios meses apartado das canchas por lesión.

Estivo a piques o Caselas de acadar a victoria perante o terceiro clasificado da liga. Os de Adrián Salgado souberon levantarse logo dun pésimo primeiro cuarto e, pese a ir a remolque todo o encontro con diferenzas de máis de 10 puntos, nunca baixaron os brazos. De feito, na segunda metade o marcador parcial foi para nós 30-23, e a falla de poucos segundos para o remate nos puxemos a dous puntos. Ao final, a remontada non foi posible, pero o esforzo dos xogadores é para destacar.
A vindeira semana non haberá liga pola ponte do 1 de maio. Voltaremos a xogar en casa dentro de dúas semanas perante o Novobasket Vigo.

CATEGORÍAS BASE:
Cadete Fem: PORRIÑO "B" 31 CASELAS 45
Mini Mixto: CASELAS 45 GARCÍA BARBÓN 32
Premini "A": DEFENSORES MORRAZO 49 CASELAS 36
Premini "B": CASELAS "B" 30 TUI "B" 65
-- Como anécdota da xornada, destacar o canastón dende medio campo da cadete Laura Rodríguez no último segundo de partido en Porriño. Grande Laura!!!!  Grande equipo!!!

FINAL LIGA ESPAÑOLA FEMININA:
Para os/as amantes do basket feminino de nivel, este mércores 26 abril as 21:00h en Teledeporte, primeiro partido da Liga Española Feminina entre o Perfumerías Avenida de Salamanca e o Girona. A serie xógase ao mellor de tres partidos.


Publicado por cbcaselas @ 23:10  | CRONICAS