Lunes, 10 de abril de 2017
CASELAS (41): Lucas 6, Rober 0, Toni 0, Sergio 5, Manu 2. QUINTETO. Hedber 6, Carlos Vicente 18, Jito 4.
Parciais: 5-21 / 7-19 / 21-9 / 8-23.
Incidencias: Último partido de liga xogado no Pavillón de Salceda, coa entrada máis frouxa da temporada.

O líder desta liga demostrou a súa condición en Salceda e sentenciou no primeiro cuarto a un Caselas desmotivado, falto de actitude e con moitas baixas. Así no primeiro tempo os nosos nin defendían nin creaban perigo en ataque e o electrónico marcaba un elocuente 12-40 ao descanso. Isto fixo reflexionar aos nosos, que apretaron un chisco en defensa e entonáronse en ataque co veterano Carlos como referente con cinco triplas. O parcial deste terceiro cuarto 21-9 invitaba, canto menos, ao optimismo. No cuarto final, aínda que lle puxemos certas ganas, non estivemos nada acertados.
Agora o equipo xogará a Copa Primavera, despois da semana santa. Arriba Caselas!!!! 


Publicado por cbcaselas @ 0:05  | CRONICAS