Lunes, 03 de abril de 2017
CASELAS (33): Lucas 6, Hedber 9, Santi 6, Manu 5, Carlos Vicente 5, Sergio 2, Jito, Toni e Rober.
Parciais: 28-11 / 20-8 / 17-7 / 14-7.
Incidencias: Penúltima xornada de liga desputada o domingo a tarde no Pavillón Universitario de Vigo.

Monólogo total dos locais perante un abatido e descentrado Caselas. A diferenza final de puntos xustifica a victoria dos colíderes, que dominan claramente esta 3ªDivisión xunto co líder URECA. Precisamente o URECA será o noso rival a vindeira semana no remate da liga. Arriba Caselas!!!

CATEGORÍAS BASE:
Dous equipos do CB.Caselas/EDM.Salceda tomaron o protagonismo neste finde.
Por un lado o Infantil Mixto de Xan que lograba a primeira victoria da temporada ao vencer ao Airexa Nigrán por 37-43. Unha victoria que acariciaban dende hai tempo e que supón un premio.
Por outro lado o Cadete Feminino de Adri e Xan, que coa victoria perante Los Sauces por 48-18 rematan a primeira volta líderes invictas no seu grupo (5 de 5).
No resto da xornada, o Mini Mixto gañaba en Compañía de María 21-47 e caían derrotados os Preminis A e B: Caselas A 12 Colexio Mariano 63 / Airexa Nigrán 38 Caselas B 34).

Nas imaxes, o Infantil Mixto (patrocinado por TEIMPORTA) e as Cadetes (SUMINISTROS PORRIÑO) ao remate do partido. Grandes!!!!
 
 


Publicado por cbcaselas @ 23:39  | CRONICAS